O Museo do Diñeiro (nome orixinal: MoneyMuseum) é un museo de titularidade privada con sede en Zürich, Suíza, especializado na historia monetaria e no futuro do diñeiro.
O museo está financiado pola organización sen ánimo de lucro Sunflower Foundation."MoneyMuseum - The Power of Money ". www.zuerich.com
Historia O Museo do Diñeiro de Zürich foi fundado en 1999 polo analista financeiro Jürg Conzett. A base do museo foi a súa colección numismática partircular, e Conzett creou a Fundadción Sunflower para se encargar da súa xestión."Conzett, Jürg". En Coins Weekly. 7 de xaneiro de 2016.
En outubro de 2000, o MoneyMuseum inaugurou unha sucursal no Museo Nacional Suízo e en 2002 abriu unha exposición permanente no Museo Bärengasse, de Zürich,Kampmann, U. (2013). "Panta rhei - Or a Brief History of the Money Museum". En Coins Weekly. 11 de abril. no que tamén se presentou a exposición temporal "Os zuriqueses e o seu diñeiro".Kampmann, U. (2006). Die Zürcher und ihr Geld. Begleitbuch zur Ausstellung. Sunflower Foundation/MoneyMuseum, Zürich.
En febreiro de 2003, o Museo do Diñeiro inaugurou unhas novas instalacións no número 106 da Hadlaubstrasse, cunha superficie de 500 metros cadrados, onde se instalou unha exposición permanente, que se complementa con outras e carácter temporal e eventos diversos.
O museo dispón dun espazo en liña onde se poden consultar os fondos da súa colección, ademais doutros contidos deseñados especificamente para este espazo virtual."MoneyMuseum. Stories about money ". Moneymuseum.com
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de museos numismáticos
Ligazóns externas
Sitio web do Museo do Diñeiro, Zürich Sitio web da Sunflower Foundation
Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Suíza