Viktor Mikhailovich Afanasiev, nado en Briansk (Rusia) o 31 de decembro de 1948, é un cosmonauta soviético e ruso retirado que formou parte das misións Soiuz TM-11, Soiuz TM-18, Soiuz TM-29, Soiuz TM-32 e Soiuz TM-33.

Traxectoria Afanasiev graduouse na Escola de Pilotos Militares de Kachinskoie en 1970 e no Instituto de Aviación Ordzhonikidze de Moscova en 1980. Adestrouse como cosmonauta entre 1985 e 1987, participando nas misións Soiuz TM-11, Soiuz TM-18, Soiuz TM-29, Soiuz TM-32 e Soiuz TM-33 e pasando un total de 555,77 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM-11 Soiuz TM-18 Soiuz TM-29 Soiuz TM-32 Soiuz TM-33

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados no óblast de Briansk