Andrew Michael "Andy" Allen, nado en Filadelfia (Pensilvania), o 4 de agosto de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-46, STS-75 e STS-62.

Traxectoria Allen graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade de Villanova en 1977 e é máster en administración de empresas pola Universidade de Florida en 2004.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1987, participando nas misións STS-46, STS-75 e STS-62 e pasando un total de 37,68 días no espazo. Allen retirouse da NASA en outubro de 1997.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-46 STS-75 STS-62

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania