Franz Jacob Wagner, nado o 27 de agosto de 2001 en Berlín, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,08 metros xoga na posición de ala. É o irmán do tamén xogador da NBA, Moritz Wagner.
Traxectoria profesional O 29 de xullo de 2021, Wagner foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2021 polos Orlando Magic. O 3 de agosto de 2021, asinou cos Magic o seu contrato de rookie. Tras o remate da súa primeira tempada na liga, foi incluído no mellor equipo de rookies da NBA. O 10 de setembro de 2023 gañou a final do Mundial de 2023 contra a selección de Serbia, sendo nomeado mellor xogador do partido.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Xogadores de baloncesto de Alemaña Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do ALBA Berlin Categoría:Xogadores dos Orlando Magic