Wayne Knobel Homren, nado en Pittsburgh, Pensilvania, o 24 de agosto de 1958, é un editor e numismático estadounidense.
Traxectoria
Homren graduouse na Universidade de Pittsburgh en 1980 e acadou senllos mestrados, en Ciencias na Universidade de Míchigan (1981) e MBA na Universidade de Pittsburgh (1992).Smith, P. (2012).
A súa carreira profesional está vinculada aos laboratorios Bell, ao motor de procuras por Internet Lycos e ao Departamento de Defensa dos Estados Unidos."Homren, Wyne". En Coins Weekly. 25 de xuño de 2020.
Paralelamente á súa actividade profesional, Homren dedicouse tamén ao mundo editorial e numismático. Foi creador e redactor do boletín electrónico semanal sobre numismática E-Sylum. É membro da American Numismatic Society e presidiu entidades como a Numismatic Bibliomania Society, a Sociedade Numismática do Oeste de Pensilvania e a Asociación de Numismáticos de Pensilvania. Así mesmo, foi o presidente xeral da Feira Mundial do Diñeiro celebrada en 2004 en Pittsburgh pola American Numismatic Association, e dirixiu diversos programas de numismática para a xuventude en Pensilvania e Virxinia.
Como coleccionista numismático cómpre salientar a súa colección de moedas da Guerra Civil dos EEUU, e moedas de emerxencia e con contramarcas, así como papel moeda de Pittsburgh. Tamén reuniu unha extensa biblioteca de arredor de 3.000 volumes sobre numismática estadounidense.
Vida persoal Homren casou o 5 de xullo de 1997 con Diana Robinson, con quen tivo dous fillos e unha filla.
Recoñecementos
(2008): Premio Burnett Anderson Memorial, da a American Numismatic Association (ANA), a American Numismatic Society (ANS) e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild -NLG-)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association."Wayne Knobel Homren. Biography". Newman Numismatic Portal. (2021): Inclusión da lista das persoas máis influentes en numismática de 1960-2020, da revista Coin World.The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 97.
Publicacións Wayne Knobel Homren é autor de varios artigos en diversas revistas especializadas estadounidenses, como The Asylum, The Numismatist ou Paper Money."Wayne Homren Archives". Internet Archive (Archive.org)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Homren, Wyne". En Coins Weekly. 25 de xuño de 2020. Smith, P. (2012). "Homren, Wayne Knobel". En American Numismatic Biographies. Páxina 185. "Wayne Homren". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 97.
Ligazóns externas
Guide to the Wayne Homren Papers 1830s-1990s. Historic Pittsburgh
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Alumnos da Universidade de Pittsburgh Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes