miniatura|Restos da Tetrápole siria na actualidade. miniatura|Mapa da Siria histórica, representado por William Robert Shepherd, en 1923. Tetrápole siria, foi un agrupamento de cidades helenísticas na zona do Mediterráneo oriental, chamado así porque estaba formado por catro cidades principais: Seleucia de Pieria, Antioquía a máis importante e a que tiña o mellor porto e o máis activo, Apamea, base militar e centro de comercio e Laodicea (actual Latakia).Cubelli & Foraboschi 2000, p. 68 Todas elas foron fundadas por Seleuco I Nicátor, o fundador da dinastía seleúcida, quen lles puxo o nome de persoas da súa familia.Rostovtzev 1957, p. 244

A tetrápole siríaca estaba composta por cidades de certa importancia que derivaban a súa importancia das eleccións estratéxicas de Seleuco I trala vitoria sobre Antígono I Monóftalmos no 301 a.C. Mentres Antioquía e Apamea estaban no interior e constituían as fronteiras occidentais do sistema económico-administrativo do estado, Seleucia de Pieria e Laodicea eran cidades marítimas creadas artificialmente na costa non lonxe de Antioquía e Apamea, das que constituían os centros portuarios. Este conxunto urbanístico foi consecuencia directa da situación da época: unha situación politicamente delicada, a pesar de ter fins económicos (Seleuco I quería quitarlle a Exipto o monopolio das vías marítimas), nunha época de inseguridade nas vías de comunicación terrestre que testemuñaba tamén as dificultades do reino seléucida a finais do século IV a.C.Levi 1989, p. 172

Fundación miniatura|Seleuco I Nicátor, fundador da tetrápole siria (Bronce, no Museo Nacional de Nápoles). Despois da batalla de Ipsos no 301 a.C. que puxo fin á Terceira guerra dos Diádocos, Seleuco, que tiña a base dos seus dominios en Mesopotamia e Babilonia, repartiuse os territorios do vencido Antígono co seu aliado Lisímaco e quedou cos terrritorios de Siria.Seyrig 1970, p. 298 O país estaba entón pouco poboado e escasamente urbanizado, aínda que era rico grazas á agricultura desenvolvida e ao acceso ao mar que, aínda que entón estaba en gran parte sen desenvolver, ofrecía a Seleuco unha vía de acceso ao Mediterráneo. Este potencial de poder foi captado moi axiña por este quen ordenou arredor do 300 a. C. (en abril para Seleucia de Pieria, e en maio para Antioquía) a fundación case simultánea das catro cidades, acompañada de varias fundacións de menor importancia na rexión.

Semella que Seleuco aconsellouse coas elites da zona, como o personaxe de Larico, fillo de Laomedonte, sátrapa de Siria até o 323 a. C. A rapidez na toma de decisións e na execución dos feitos pode explicarse pola necesidade de asegurar rapidamente a riqueza da rexión rica contra as potencias fronteirizas.Capdetrey 2007, p. 60 miniatura|Mapa do río Orontes. As liñas brancas son as fronteiras dos países, os nomes dos ríos están en cursiva sobre un fondo azul, as cidades actuais ou as principais cidades sobre fondo branco, outros lugares de importancia sobre fondos laranxas. As cidades foron fundadas en sitios xa existentes. Malia a vontade de sacar fundacións ex nihilo, Seleuco tivo que facer fronte ás poboacións indíxenas por unha banda e, sobre todo, aos macedonios que chegaran dende a conquista de Alexandre Magno, por outra banda, xa asentados. Os primeiros macedonios foron obxecto de especial atención na medida en que a súa lealdade era para Antígono I Monóftalmos, iniciador da súa colonización. As súas cidades foron destruídas ou refundadas para non deixar ningún núcleo pro-Antígono no territorio acabado de conquistar. Os recentemente chegados eran, pola contra, os veteranos das campañas seléucidas da década 310-300 a. C.

Antioquía substituíu a colonia macedonia de Bôttia, preto do lugar de Antigonia, fundada no Orontes por Antígono I Monóftalmos no 307-306 a.C.Seyrig 1970, p. 307 A poboación desta última, de orixe grega, teríase incorporado entón á nova fundación, así como os seus materiais de construción. Seleucia de Pieria substituíu a unha aldea indíxena de labregos e comerciantes preto da desembocadura do Orontes. Tamén é posible que a poboación de Antigonia se unise a Seleucia, máis que a Antioquía.Diodoro, XX, 47, 5. Laodicea foi construída a partir de dúas aldeas, Ramitha e Mazabda. Finalmente a acrópole de Apamea estableceuse no lugar da aldea de Niya e da colonia macedonia de Pella.

Simbolismo A propaganda política xa se aprecia no afán de construír, na medida do posible, ex-nihilo, e axiña, as catro cidades de Seleuco en Siria, e de amosar a capacidade de dominar o teritorio e, en particular, o litoral que ata entón era salvaxe porque non ofrecía un porto natural e, polo tanto, permanecía inexplotado polos indíxenas. Aínda que con moi poucos datos, algúns investigadores detectaron para o período seléucida un urbanismo estandarizado, con espazos de dimensións regulares,Downey 1961, pp. 70-71Sartre 2001, p. 133 que forman parte desta comunicación da imaxe dun rei controlando o seu territorio, e polo tanto forte.

O relato das fundacións coñécese grazas ao autor bizantino do século VI Xoán Malalas, que se inspira no retórico do século IV, Libanio, natural de Antioquía. Libanio apóiase en fontes probablemente coetáneas de Seleuco, hoxe desaparecidas. A precisión do relato é o sinal do particular coidado que se lle deu á elaboración do mito fundacional por parte de Seleuco. Os elementos expostos no mito fundacional deben así convencer os colonos. O mito conta, por exemplo, que unha aguia, enviada por Zeus, deus co que Seleuco asocia o seu reinado, tería designado o lugar da futura Antioquía.

A dimensión simbólica e a inclusión na continuidade cobra tamén significado na toponimia do territorio, que debe evocar non só a onomástica da dinastía seléucida, polos nomes de cidades -o nome de Antioquía fai referencia ao pai de Seleuco; Seleucia de Pieria para si mesmo; Apamea para a súa muller e Laodicea para a súa naiStrabon, Géographie, Livre XVI, chap. 2, 4. — pero tamén por Macedonia: o Orontes foi, por exemplo, rebautizado como Axios, río maior de Macedonia; a súa parte occidental toma o topónimo macedonio de Pieria e, finalmente, contémplase de xeito similar ao río europeo do que toma o seu nome. Seleuco foi finalmente presentado como o único herdeiro de Alexandre.Libanio, XI, 74-77.

O trazado, a toponimia e os mitos fundacionais da tetrápole son a proba da instauración dende o principio dun paralelismo entre Alexandre e Seleuco e entre Macedonia e o norte de Siria. Seleuco concibiu alí un medio para asegurar dobremente a fidelidade dos macedonios que poboaban a tetrápole: como unha "Macedonia metafórica".Capdetrey 2007, p. 63.

Cambio do centro de gravidade político Para os contemporáneos, a tetrápole era inseparable dos gobernantes seléucidas durante o período helenístico, aínda que non fosen designados “reis de Siria” até máis adiante polos autores romanos.Bikerman 1938

Antes da construción desta tetrápole, Babilonia serviu como capital do imperio de Alexandre. E durante a Guerra dos Diádocos, vemos o interese que estes últimos teñen pola cidade de Babilonia. Ao posuír esta cidade, un gobernante lexitima o seu poder sobre o imperio. Despois da fin da Guerra dos Diáldocos e coa creación deste imperio seléucida en Turquía, observamos un cambio no centro de gravidade. Hai vontade de Seleuco de apropiarse de Turquía e de Siria, e de poder comerciar no Mediterráneo cos novos portos.

Porén, vemos a creación doutro seléucida, o do Tigris, co afán de reequilibrarse e dominar Babilonia. A tetrápole tivo como obxectivo acoller a moitos colonos pero tamén acoller centros de poder; por iso, acolleron as institucións de Seleuco Nicator. Polo tanto, tamén se pode ver a través desta construción, un desexo de lexitimar o seu poder seguindo os pasos de Alexandre Magno a través da construción de cidades.

O vínculo entre a tetrápole siria e o rei foi realmente forte. Porén, parece difícil deseñar unha xerarquía entre as cidades. Antioquía sería a máis importante das catro: aquí é onde aparentemente residiu máis tempo o rei. Seleucia de Pieria, tivo a función de porto no Mediterráneo pero tamén acolleu o Nikatoreion, tumba de Seleuco.Appien, Syriaké, 63. Laodicea tamén foi un porto esencial. Apamea foi unha base militar onde se mantiñan elefantes de guerra e moitos soldados. As catro cidades están controladas directamente por axentes reais, denominados “oficiais”, entrando así na categoría de cidades integradas na tipoloxía de Laurent Capdetrey.Capdetrey 2007 Esta tetrápole siria constituía unha inmensa rede no Mediterráneo que permitía a Sélecuco dominar todo o norte de Siria.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Imperio seleúcida

Categoría:Cidades do Imperio Romano Categoría:Xeografía de Turquía Categoría:Imperio Seléucida Categoría:Xeografía de Siria Categoría:Idade Antiga