As linguas filipinas é un grupo de linguas proposto por R. David Paul Zorc (1986) e Robert Blust (1991; 2005; 2019) que inclúe todas as linguas de Filipinas e do norte de Sulawesi, agás sama–bajaw (linguas dos "xitanos do mar") e unhas poucas linguas de Palawan. As linguas filipinas forma unha subfamilia das linguas austronesias. Aínda que Filipinas está preto do centro da expansión austronesia dende Taiwán, hai pouca diversidade lingüística entre as aproximadamente 150 linguas filipinas, o que suxire que a diversidade anterior foi borrada pola difusión do antepasado das linguas filipinas modernas.

Notas

Categoría:Linguas de Malaisia Categoría:Linguas de Indonesia Categoría:Linguas de Filipinas