O Parque Nacional dos Sundarbans é un parque nacional, reserva de tigres e reserva da biosfera que se atopa en Bengala Occidental, na India. Forma parte dos Sundarbans no delta do Ganxes e é adxacente á Reserva Forestal dos Sundarbans en Bangladesh. Atópase ao suroeste de Bangladesh. O delta está densamente cuberto por bosque de mangleiral, e é unha das meirandes reservas de tigre de Bengala. Tamén alberga unha variedade de especies de aves, réptiles e invertebrados, incluíndo o Crocodylus porosus. O actual Parque Nacional dos Sundarbans foi declarado como a área central da Reserva de Tigres de Sundarban en 1973 e un santuario de vida salvaxe en 1977. O 4 de maio de 1984 foi declarado parque nacional. É Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 1987, e foi designado sitio Ramsar dende 2019. Está considerada como unha Rede Mundial de Reservas da Biosfera (Reserva do Home e da Biosfera) dende 1989.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas How to reach Sundarban West Bengal, India Sundarbans National Park Bangladesh Official UNESCO website entry
Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1973 Categoría:Parques nacionais da India Categoría:Patrimonio da Humanidade na India