AprizeSat, coñecidos en primeiro lugar como LatinSat, é unha constelación de satélites de comunicacións en órbita baixa terrestre planificada para proporcionar un sistema de transmisión global e ofrecer servizos de monitorización e seguimento.
Características Cada satélite ten unha masa duns 12 kg e usa a técnica de almacenamento e descarga pola que unha estación envía datos ao satélite, que os almacena para despois envialos a outra estación durante o seu traxecto orbital. Teñen forma de cubo e a alimentación eléctrica é proporcionada por células solares que cobren algunhas das súas caras.
AprizeSat 3 a 10 levaban a bordo un receptor AIS (Automatic Identification System, Sistema de Identificación Automático) para recoller a posición de buques no mar. AprizeSat 3 e 4 son agora propiedade de e operados por SpaceQuest para COM DEV/exactEarth, mentres que AprizeSat 5, 6 e 7 foron transferidos a exactEarth despois dun período de 90 días de probas e son coñecidos agora como exactView 5, 6 e 5R. AprizeSat 8 é propiedade de SpaceQuest pero pode ser transferido a exactEarth no futuro. Tódolos AprizeSat en órbita foron lanzados mediante foguetes Dnepr.
Historial de lanzamentos
Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasLatinSat A20 de decembro de 2002DneprÉxitoLatinSat B20 de decembro de 2002DneprÉxitoAprizeSat 129 de xuño de 2004DneprÉxitoAprizeSat 229 de xuño de 2004DneprÉxitoAprizeSat 329 de xullo de 2009DneprÉxitoAprizeSat 429 de xullo de 2009DneprÉxitoAprizeSat 517 de agosto de 2011DneprÉxitoAprizeSat 617 de agosto de 2011DneprÉxitoAprizeSat 721 de novembro de 2013DneprÉxitoAprizeSat 821 de novembro de 2013DneprÉxitoAprizeSat 919 de xuño de 2014DneprÉxitoAprizeSat 1019 de xuño de 2014DneprÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dnepr
Categoría:Satélites artificiais