Drogheda (en inglés) ou Droichead Átha (en irlandés, as dúas formas oficiais) é unha cidade da República de Irlanda, no leste do país, pertencente á provincia tradicional de Leinster.
Demografía No ano 2011 tiña unha poboación de 38 578 habitantes.
Historia miniatura|200px|esquerda|Fito conmemorativo dos 800 anos da cidade O primeiro asentamento que houbo en Drogheda, e que está considerado como a fundación da cidade tivo lugar no 1194 Durante a rebelión irlandesa de 1641, Drogheda foi asediada polas tropas rebeldes contrarias á presenza dos ingleses.
Entre o 3 e o 11 de setembro de 1649, durante a chamada Segunda Guerra Inglesa, que culminou coa caída e posterior decapitación do monarca Carlos I de Inglaterra, a cidade de Drogheda foi vítima do asedio das tropas do ditador, Oliver Cromwell invadiron a cidade e mataron preto de 3500 persoas no coñecido como asedio de Drogheda. Homes, militares e pais foron asasinados nunha acción que afectou as relacións entre ingleses e irlandeses por máis de 300 anos.Ó Siochrú, Micheál (2008). God's Executioner, Oliver Cromwell and the Conquest of Ireland. Faber & Faber.
Preto de Drogheda tivo lugar a batalla do Boyne no 1690 entre os partidarios do deposto rei Xacobe II e os partidarios de Guillerme III. Esta batalla foi decisiva no marco da guerra xacobita.
Turismo Nas inmediacións da cidade, ao norte, están as ruínas do mosteiro Mainistir Bhuithe, onde é posible atopar tres cruces altas como mostra da influencia artística celta.
Na igrexa adicada a San Pedro atópase a cabeza incorrupta do arcebispo e mártir Oliver Plunketthttp://www.catholic.org/saints/saint.php?saint_id=372
Economía A economía en Drogheda, como a de moitas outras cidades da Irlanda, está mudando rapidamente. As vellas industrias baseadas en torno ao liño e téxtil, fabricación de cervexa, transporte e fabricación xa desapareceran ou están en declive. Nos últimos anos, o número de empresas reduciuse por mor da crise económica e Drogheda enfrontase a un aumento do desemprego.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Irlanda Categoría:Localidades do condado de Louth