Claus Herluf Stenholt Clausen, nado nos Ánxeles o 21 de outubro de 1921 e finado en 2002, foi un ictiólogo danés.
Traxectoria Coñecido polo seu traballo sobre os peixes de río de África Occidental. Aínda que a miúdo citado como H. S. Clausen, publicou como H. Stenholt Clausen, co apelido composto Stenholt Clausen.
Traballou durante moitos anos na Universidade de Ibadan, en Nixeria.
O seu fillo, Ian Henning Stenholt Clausen, foi un aracnólogo.
Honores Epónimos Phractura clauseni, unha especie de siluriforme, foi nomeado na súa honra, así como o actinopterixio Enteromius clauseni. Véxase tamén Order CYPRINIFORMES .
Abreviatura A abreviatura Clausen emprégase para recoñecer a Claus Herluf Stenholt Clausen como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Científicos de Dinamarca Categoría:Ictiólogos de Dinamarca Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2002