Santiago Grisolía García, nado en Valencia o 6 de xaneiro de 1923 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 2022, foi un bioquímico valenciano. Foi nomeado Marqués de Grisolía en 2014.
Traxectoria Santiago Grisolía comezou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid pero marchou á Universidade de Valencia onde se licenciou en 1944 con matrícula de honra e, posteriormente, obrivo o doutoramento na Universidade de Madrid. En xaneiro de 1946 conseguira unha bolsa de ampliación de estudos para os Estados Unidos e marchou ao Departamento de Bioquímica e Farmacoloxía na Universidade de Nova York, que estaba baixo a dirección de Severo Ochoa de quen foi un dos seus discípulos. Nesta universidade, comezou as súas investigacións sobre a fixación do dióxido de carbono, un tema que nunca abandonou. esquerda|miniatura|Escudo de armas do 1º Marqués de Grisolía. Publicou máis de catrocentos traballos científicos e unha trintena de artigos divulgativos. Tamén desenvolveu un enorme labor docente e investigador ao longo de moitos anos en moitos países europeos e americanos. Foi profesor de bioquímica e bioloxía na Universidade de Chicago (1946), Wisconsin (1948) e profesor adxunto do departamento de Medicina e Bioquímica na de Kansas (1954) do que chegou a ser director e, despois, catedrático e ampliou as súas investigacións sobre o ciclo da urea (mecanismo polo cal os mamíferos eliminan un produto da degradación das proteínas que é tóxico para eles) e demostrou que a citrulina é un intermediario neste ciclo.
En 1977, retornou a España para dirixi-lo Instituto de Investigacións Citolóxicas de Valencia. En 1979, foi elixido académico da Real Academia de Farmacia de Madrid e, en 1980, secretario da Fundación Valenciana de Estudos Avanzados.
En 1988, participou na organización en Valencia da primeira Conferencia Internacional para o Proxecto sobre o Xenoma Humano e, ese mesmo ano,.foi designado Presidente do Comité de Coordinación Científica do Proxecto Xenoma Humano para a UNESCO, foi vicepresidente do Padroado da Fundación Valenciana de Investigación Biomédica e, en 1995, asesor do presidente da Generalitat Valenciana para a Ciencia e a Tecnoloxía. Presidiu o Consello da Cultura Valenciana dende 1996 ata a súa morte, e os consellos consultivos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Valencia e dos Museos Científicos de Cuenca e Valencia.
Foi o promotor e impulsor dos premios de investigación Jaume I, da Generalitat valenciá.
Morreu o 4 de agosto de 2022, por mor das complicacións ocasionadas pola Covid-19.
Escolma de obras Até xaneiro de 2001, tiña publicadas máis de 480 publicacións científicas, 8 libros e máis de 100 artigos de divulgación xeral.
Ten pulbicado máis de 400 traballos científicos e aquí destácase unha pequena escolma:
Obras individuais
(2000). Compromisos con el futuro del Proyecto genoma humano. Fundación BBVA. ISBN 978-84-95163-37-0 (2001). Trasplantes y clonación de células humanas en el siglo XXI. Fundación BBVA. ISBN 978-84-95163-42-4 (2006). La gripe aviaria: un reto de salud. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. ISBN 978-84-8427-472-8 Grisolía, Santiago (2006). Vivir para la ciencia. Institución Alfonso el Magnánimo (Valencia). ISBN 978-84-7822-475-3 (2007). Cambio climático y sus consecuencias. Valencia (Comunidad Autónoma). ISBN 978-84-482-4771-3 (2007). Severo Ochoa: un científico apasionado. Fundación BBVA. ISBN 978-84-96515-59-8 (2008). Biodiversidad. Valencia (Comunidad Autónoma). ISBN 978-84-482-5067-6
Obras colectivas
Sols, Alberto; Grisolía, Santiago (1988). Severo Ochoa en imágenes. Fundación Colegio Libre de Eméritos Universitarios. ISBN 978-84-404-2060-2 Sanmartín Esplugues, José; Grisolía, James S.; Grisolía, Santiago (1998). Violencia, televisión y cine. Editorial Ariel. ISBN 978-84-344-7465-9 Puigdomènech, Pere; Grisolía, Santiago; Ayala, Francisco J. (2002). Genética. Círculo de Lectores. ISBN 978-84-226-9669-8 Grisolía, Santiago; Puigdomènech, Pere; Ayala, Francisco J. (2003). Genética. Nuevas Ediciones de Bolsillo. ISBN 978-84-9759-560-5
Recoñecementos En 1990 recibiu, xunto con Salvador Moncada, o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica "polo seu traballo científico na área da Bioquímica en campos moi diversos, principalmente na enzimoloxía do metabolismo do nitróxeno relacionado co ciclo da urea e a degradación das pirimidinas".
No ano 2000,recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito na Investigación e na Educación Universitaria.
Foi membro da Academia Europea de Ciencias e Artes, presidente do Consello Valenciano da Cultura, académico de honra da Real Academia de Doutores de España, membro fundador do Colexio Libre de Eméritos e Doutor Honoris Causa polas Universidades de Salamanca, Barcelona, Valencia, Madrid, León, País Vasco, Siena, Florencia, Kansas, As Palmas de Gran Canaria, Universidade Politécnica de Valencia, Universidade de Lisboa, Universidade Nacional de Educación a Distancia e Universidade de Castela-A Mancha.
En 2014, foi nomeado por Xoán Carlos I, marqués de Grisolía polo seu "prolongado e encomiable labor investigador e docente", e pola súa "contribución ao coñecemento científico".
En marzo de 2018 recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal Estivo casado con Frances Thompson, profesora asistente da facultade de Medicina de Madison, a quen coñeceu alñi durante a súa estancia en 1945, e co que permaneceu casado até a morte dela en setembro de 2017. Tiveron dous fillos.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Profesores da Universidade de Wisconsin–Madison Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Salamanca Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Politécnica de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Premios Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica Categoría:Profesores da Universidade de Chicago Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Barcelona Categoría:Finados pola COVID-19 en España Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia