miniatura|472x472px|Serie dos catro valores emitidos do franco do Principado de Lucca e Piombino."Italy › Italian states › Lucca, Republic of • Franc (1805-1808)". Numista.com O franco do principado de Lucca e Piombino foi a unidade monetaria deste Estado satélite do Primeiro Imperio Francés no norte de Italia entre 1810 e 1814.

Esta moeda estaba baseada no sistema decimal e subdividíase en 100 céntimos (centesimi). Circulaba polo territorio do principado de Lucca e Piombino paralelamente ao franco francés, co que mantiña paridade, e de feito, as moedas de prata de 5 francos e dun franco de ambos os sistemas presentaban idénticas características métricas.

A serie en circulación estaba composta polas devanditas pezas de prata de 5 francos e dun franco, así como as moedas de 5 e de 3 céntimos de cobre. Aínda que a súa emisión non se iniciou ata 1810, todas estas moedas amosan datas retrospectivas, entre 1805 e 1808.

Cada un destes valores amosa nos seus anversos os bustos unidos dos gobernantes do principado: a princesa Elisa Bonaparte, irmá de Napoleón I, en primeiro plano, e o seu home, o príncipe Félix Baciocchi, en segundo plano, rodeados por lendas alusivas á súa condición de soberanos do principado.

Todas as moedas do franco de Lucca e Piombino foron deseñadas polo medallista italiano Giovanni Antonio Santarelli e cuñáronse no obradoiro monetario de Florencia, nunha cantidade total aproximada de 707.125 pezas. No caso das moedas de cobre, todos os exemplares son idénticos, en tanto que das moedas dun franco se coñecen seis pequenas variantes e das de 5 francos hai 11 variantes coñecidas.

Coa caída do Primeiro Imperio Francés en 1814, o exército austríaco ocupou o principado de Lucca e Piombino. No ducado de Lucca, creado o ano seguinte baixo o mandato de María Luísa de Borbón, o franco de Lucca e Piombino mantivo a súa circulación xunto co franco francés, a antiga lira luquesa, a lira do Reino de Etruria e o florín toscano. Todo este conxunto de moedas foi retirado da circulación en 1827 cando o duque de Lucca Carlos Luís as substituíu pola nova lira luquesa, en cuxo anverso colocou o seu retrato.

Contexto histórico miniatura|As vitorias do xeneral Bonaparte na primeira Campaña de Italia (1796-1797), repetidas en 1800 na batalla de Marengo, estableceron o dominio francés no norte de Italia ata 1814. Durante a guerra da Primeira Coalición, o exército francés revolucionario ocupou o norte de Italia respectando a neutralidade da República de Lucca.Correspondance générale de Napoléon Bonaparte, Tome premier: Les apprentissages. Fayard, 2004. Páxina 476. Carta 733 ao Senado de Luccca, o 29 de xuño de 1796. Entre 1796 e 1799 establecéronse cinco "repúblicas irmás" favorables aos intereses de Francia na península italiana: a República Cisalpina en Milán (xuño de 1797), a República Lígur en Xénova (xuño de 1797), a República Romana en Roma (febreiro de 1798), a República Piemontesa en Turín (decembro de 1798) e a República Partenopea en Nápoles (xaneiro de 1799).Harouel, J. L. (1997).

O 2 de xaneiro de 1799, as tropas francesas do xeneral Sérurier entraron en Lucca.Tori, G. (2000). Páxina 7. O 4 de febreiro, Sérurier decretou a fin do réxime aristocrático e a instalación dun goberno provisional de carácter democrático,Tori, G. (2000). Páxina 1. que axiña foi substituído por unha constitución inspirada no modelo directorial francés.Dufau, P. A. (1823). Páxina 383. Coa formación da Segunda Coalición no inicio de 1799, a cidade foi ocupada novamente polos austríacos a partir do 17 de xullo.Tori, G. (2000). Páxina 6. Un ano máis tarde, a vitoria francesa en Marengo o 14 de xuño de 1800 expulsou definitivamente de Italia os coaligados, o que permitiu a restauración do réxime democrático en Lucca.

En Francia, o establecemento do Consulado por Napoleón Bonaparte en decembro de 1799 estivo acompañado por un abrandamento da ideoloxía revolucionaria cara a unha política de compromiso entre as vellas e as novas ideas, mesmo nos territorios ocupados. O 26 de decembro de 1801, a república de Lucca puido volver a unha constitución aristocrática aliñada cos intereses franceses, que durou ata 1805.

A coroación de Napoleón o 2 de decembro de 1804 anunciou unha política dinástica que incluía a asignación de feudos imperiais aos membros da súa familia. O 17 de marzo de 1805, o emperador conferiulle á súa irmá Elisa e ao seu home, Félix Baciocchi, o principado de Piombino, ocupado por Francia desde o Tratado de Florencia do 28 de marzo de 1801.Lentz, T. (2018). Páxina 68. O 4 de xuño, o Goberno de Lucca enviou unha delegación ao emperador para solicitar unha nova constitución que confiase a soberanía hereditaria do Estado a un membro da súa familia.Dufau, P. A. (1823). Páxina 384. O 25 de xuño, unha nova constitución reuniu a ata entón república de Lucca co principado de Piombino, creando o principado de Lucca e Piombino, gobernado por Elisa e Félix.

Esta progresiva entrada de Lucca na esfera de influencia francesa foi acompañada pola xeneralización do franco francés como moeda circulante no seu territorio, en paralelo coa antiga lira luquesa.Massei, C. (1878). Páxina 466.

O franco de Lucca e Piombino

Creación miniatura|A princesa Elisa, irmá de Napoleón I, iniciou en 1807 os esforzos para a creación dunha nova moeda no seu principado de Lucca e Piombino. O 30 de marzo de 1806, un decreto imperial adscribiu o Principado e Lucca e Piombino ao sistema monetario do Imperio Francés, o que fixo oficial o franco francés no territorio do principado, e o 30 de abril os príncipes decretaron tamén a adopción do sistema métrico decimal francés. O 13 de maio anunciouse que os ingresos e os gastos do Tesouro do principado se contabilizarían desde entón en francos franceses. Con todo, o uso da lira luquesa e da lira do reino de Etruria seguiu autorizado durante un tempo, ata que estas moedas foron retiradas da circulación.Massagli, D. (1870). Páxina 120.

A partir de 1807, a princesa Elisa envioulle ao seu irmán, Napoleón I, os deseños para unha nova moeda do seu principado, que amosaban a lenda NAPOLEONE PROTEGGE L'ITALIA ("Napoleón protexe a Italia"), en referencia ao lema do imperio Dieu protège la France ("Deus protexe a Francia"), que aparecía gravado nos cantos das moedas francesas de 5 francos desde 1803.Gadoury (2015). Páxina 200. Este lema tamén foi adaptado como Dio protegge l'Italia ("Deus protexe a Italia") desde 1806 para adornar o canto das moedas de ouro do sistema da lira do reino de Italia.Gadoury (2015). Páxinas 548, 550. O 11 de novembro de 1807 en Fontainebleau, o emperador rexeitou este paralelismo que lle resultaba excesivamente laudatorio, e a este respecto escribiu: "Este tipo non é o acaído; o que se quere pór en lugar de Dieu protège la France é indecente".Rodocanachi, E.; Marcotti G. (1899-a-). Páxina 290.

O 28 de febreiro de 1809, o príncipe Félix promulgou un decreto polo que se formalizaba o tipo de troco da lira toscana no principado e tamén se fixaba a paridade do franco francés coa antiga lira luquesa en 1 lira, 6 soldos e 8 diñeiros —ou sexa, 1,33 liras— por cada franco francés."Il Franco Lucchese". Archivio Storico (Bargarchivio.altervista.org)

Logo de se converter en gobernadora da Toscana o 3 de marzo de 1809, Elisa dirixiuse directamente ao director da Casa da Moeda de Florencia, Giovanni Fabbroni, para lle encargar que se cuñasen moedas coa súa efixie.Rodocanachi, E.; Marcotti, G. (1899-b-)". Páxinas 297-298.Pucci, A. (2014) . Páxina 11. Fabbronides escribiulle ao Ministro de Finanzas francés, Gaudin, para se asegurar de que a operación estivese autorizada polo poder central do Imperio en París. O 21 de setembro, Fabbroni recibiu a resposta de Gaudin, quen, logo de consultar co emperador, considerou que era unha vía axeitada para sufragar os gastos do obradoiro monetario de Florencia, e deulle plena autoridade á Gran Duquesa da Toscana sobre ese asunto.

O deseño e o posterior gravado dos cuños de todas as moedas do principado de Lucca e Piombino foi obra de Giovanni Antonio Santarelli, un eminente medallista italiano, membro da Academia de Florencia.Pucci, A. (2013). Páxina 11.

O 10 de maio de 1810 presentáronselle á princesa as probas para a moeda de 5 francos, e esta, satisfeita, pediu un maior parecido na representación do príncipe. Ademais quixo que se acelerase o proceso para o inicio da produción das moedas.Pucci, A. (2014) . Páxina 12. Esta era a primeira vez na historia de Lucca que se reproducía a efixie dun gobernante no anverso dunha moeda.Massagli, D. (1870). Páxina 121.

Cuñaxe miniatura|O medallista italiano Giovanni Antonio Santarelli, aveciñado en Florencia, deseñou e gravou os cuños para as moedas do principado de Lucca e Piombino. A produción da moeda de 5 francos comezou en 1810. O 29 de maio depositáronse 22.001 exemplares na caixa da intendencia. Elisa desexaba que a produción continuase coa data retrospectiva de 1807 ata acadar os 100.000 francos. O 24 de novembro enviouse ata Lucca un novo lote de 6.000 moedas de 5 francos, que amosaban as datas de 1806 e 1807.

Non foi ata o 20 de outubro cando se publicou o decreto que autorizaba a fabricación das moedas de 5 francos coas efixies da parella de príncipes.Pucci, A. (2014) . Páxina 13.

O 4 de maio de 1811, mediante unha orde soberana decidiuse refundir diversas moedas de prata existentes por un total de 200.000 francos, para continuar coa emisión das novas moedas de 5 francos do principado e proseguir despois coa cuñaxe das dun franco a partir de 1812. A produción destas moedas dun franco tivo un ritmo sostido: o 7 de abril de 1812, o principado recibira xa 20.000 moedas dun franco coas datas de 1806 e de 1807.Massagli, D. (1870). Páxina 122.

A cuñaxe das moedas divisionarias de cobre foi solicitada pola municipalidade de Lucca, xa que escaseaban desde había xa anos e resultarían útiles para as pequenas transaccións comerciais. O 23 de novembro de 1811, Elisa aprobou os deseños das moedas de 2, de 3 e de 5 céntimos, os valores propostos pola Casa da Moeda para a serie de cobre. Estes deseños baseábanse nos utilizados para as moedas de prata, aínda que cos retratos do anverso ollando cara á esquerda e sen a coroa de loureiro dos reversos. A elección de 1806 como o único ano que amosarían estas moedas é unha referencia ao ano do decreto imperial relativo ás moedas de Lucca.

A finais de decembro de 1811, a princesa deu a súa aprobación final ás probas modificadas e tamén autorizou a emisión dunha nova moeda dun céntimo. Porén, a idea da emisión das moedas dun céntimo e de dous céntimos abandonouse posteriormente, e os rexistros da Casa da Moeda de Florencia só rexistra a produción de moedas de cobre con valores faciais de 3 e de 5 céntimos.

Entre 1812 e 1813, a moeda de 3 céntimos produciuse en grandes cantidades (225.000 exemplares) por mor do seu bo acollemento polos comerciantes, que a asimilaron axiña ao valor do antigo soldo de Lucca, divisionario da lira luquesa. No entanto, este valor non era aceptado polos soberanos, que avogaban por introducir un sistema decimal similar ao vixente en Francia. Con este propósito, o 7 de decembro de 1812 anunciouse a creación da moeda de 5 céntimos, cuxa produción non comezou ata 1813, aínda que limitada a 71.500 exemplares, debido á súa falla de compatibilidade co anterior sistema duodecimal, o que xerou unha escasa aceptación por parte da poboación. Para manter a súa popularidade nun momento en que o Imperio se enfrontaba a importantes reveses militares en Europa, os gobernantes de Lucca cancelaron finalmente a produción da moeda de 5 céntimos en 1814 e planearon, no seu lugar, ampliar a produción da peza de 3 céntimos.Massagli, D. (1870). Páxina 123.

As moedas As moedas en circulación divídense nos catro valores devanditos: 5 francos e un franco en prata, e 5 e tres céntimos en cobre, todos eles cuñados na Casa da Moeda de Florencia nunha cantidade total de 707.125 pezas —véxanse as tiraxes por cada valor na táboa seguinte—.