Amphiarius phrygiatus é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos siluriformes, familia dos aríidos e subfamilia dos ariinos, unha das dúas integradas no xénero Amphiarius.Marceniuk, A.P., Betancur, R., Giarrizzo, T., Fredou, F. L. & Knudsen, S. (2015): Amphiarius phrygiatus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de agosto de 2022.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1840 polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes, baixo o nome de Arius phrygiatus.Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840). Consultado o 7 de agosto de 2022.Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840) no GBIF. Consultado o 7 de agosto de 2022.Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840) na BioLib. Consultada o 7 de agosto de 2022.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Arius dieperinki Bleeker, 1862 Arius phrygiatus Valenciennes, 1840 (protónimo) Cathorops phrygiatus (Valenciennes, 1840) Notarius phrygiatus (Valenciennes, 1840)

Hábitat e distribución É un peixe mariño que habita tamén en augas salobres, demersal, a profundidades de entre 1 e os 20 m,Cervigón, F., R. Cipriani, W. Fischer, L. Garibaldi, M. Hendrickx, A. J., Lemus, R. Márquez, J. M., Poutiers, G., Robaina & B. Rodriguez (1992): Fichas FAO de identificación de especies para los fines de la pesca. Guía de campo de las especies comerciales marinas y de aquas salobres de la costa septentrional de Sur América. Roma: FAO. entre os 12° N e 1° S, e os 72° O e os 48° O, nas costas do Atlántico occidental, desde Venezuela até a desembocadura do río Amazonas, no Brasil.

Pódese encontrar en estuarios salobres con salinidades moi baixas, case entrando en augas doces, en fondos lamacentos pouco profundos.

Características Amphiarius phrygiatus pode alcanzar unha lonxitude máxima de 35,5 cm,Soares, B. E., A. C. C. Santos, F. L. S. Mendes, R. B. Barthem & L. F. A. Montag (2016): "Length-weight relationship of seven marine catfishes (Siluriformes: Ariidae) in the Amazon Coastal Zone (Brazil)". J. Appl. Ichthyol. 32: 163-164. aínda que a lonxitude media é de 20,0 cm.Taylor, W. R. & N. A. Menezes (1978): "Ariidae". En W. Fischer, ed. FAO species identification sheets for fishery purposes. West Atlantic (Fishing Area 31). volume 1. Roma: FAO.

Bioloxía As femias poñen os ovos agrupados nunha masa xelatinosa sobre unha depresión areosa. Os machos gardan e incuban os ovos na boca, até a súa eclosión.Le Bail, P.-Y., P. Keith & P. Planquette (2000): Atlas des poissons d'eau douce de Guyane. Tome 2, Fascicule II: Siluriformes. París: Publications scientifiques du Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8651-5117-4.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cuvier, G. & A. Valenciennes (1840): Histoire naturelle des poissons. Tome quinzième. Suite du livre dix-septième. Siluroïdes. Histoire naturelle des poissons 15: 1-540. Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2011): Amphiarius phrygiatus en FishBase. Versión de decembro de 2011. Marceniuk, A. P. & Menezes, N. A. (2007): "Systematics of the family Ariidae (Ostariophysi, Siluriformes), with a redefinition of the genera". Zootaxa 1416: 1–126. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World (4ª ed.) Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.

Outros artigos Siluriformes Aríidos Amphiarius

Categoría:Siluriformes