A Lei Fundamental da República Federal de Alemaña ) brasil.diplo.de - pdf Lei Fundamental da República Federal da Alemanha, Deutscher Bundestag, actualizado en xaneiro de 2011 é a Constitución de Alemaña.
Historia ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Constitui%C3%A7%C3%A3o_da_Alemanha.jpeg/253px-Constitui%C3%A7%C3%A3o_da_Alemanha.jpeg|miniatura|338x338px| Edición en portugués impresa no Brasil en 1961.|esquerda Foi aprobada formalmente o 8 de maio de 1949 e, coa sinatura dos Aliados, entrou en vigor o 23 de maio de 1949 como a constitución de facto da Alemaña Occidental.
A palabra alemá Grundgesetz pódese traducir como Lei básica ou Lei Fundamental. Non se utilizou o termo Verfassung (constitución), xa que os creadores viron o Grundgesetz como un documento provisional, que sería substituído pola constitución da Alemaña reunificada. Isto non foi posible no contexto da Guerra fría, a falta de entendemento entre os aliados despois da conferencia de Ialta e as proclamacións da a proclamación República Federal de Alemaña o 7 de outubro de 1949 e da República Democrática Alemá cinco semanas despois.
Reunificación Corenta anos despois, en 1990, uns meses despois da simbólica caída do muro de Berlín, Alemaña foi reunificada cando os estados da RDA se fusionaron coa RFA. A Lei Fundamental mantívose como base realizándose algúns cambios, a maioría deles pertinentes á reunificación, e no preámbulo. Outras modificacións importantes realizáronse en 1994, 2002 e 2006.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
GG - nichtamtliches Inhaltsverzeichnis (índice non oficial da Lei Fundamental en gesetze-im-internet.de)
Categoría:Política de Alemaña