A fosfoserina (abreviada como SEP ou J) é un éster do aminoácido serina e un ácido fosfórico. A fosfoserina é un compoñente de moitas proteínas como resultado da súa modificación postraducional. A fosforilación do grupo funcional alcohol da serina para producir fosfoserina é catalizada por varios tipos de quinases. Ningún codón do código xenético codifica de forma natural a fosfoserina, polo que non se introduce nas proteínas durante a súa tradución. Porén, utilizando tecnoloxías que fan uso dun código xenético expandido, a fosfoserina pode tamén incorporarse ás proteínas durante a tradución.

É un metabolito normal que se encontra en biofluídos humanos.

A fosfoserina ten tres sitios de coordinación potenciais (grupos carboxilo, amino e fosfato) A determinación do modo de coordinación entre ligandos fosforilados e ións metálicos que ocorre nun organismo é un primeiro paso para explicar a función da fosfoserina nos procesos bioinorgánicos.

Notas

Categoría:Aminoácidos non proteinoxénicos Categoría:Organofosfatos