Heinrich Trettner, coñecido como "Heinz" Trettner, nado o 19 de setembro de 1907 e finado o 18 de setembro de 2006, foi un xeneral alemán que serviu na Luftwaffe e na Bundeswehr e foi xefe do Departamento de Loxística da OTAN.
Traxectoria Trettner foi oficial do Estado Maior da Lexión Cóndor, participou na Guerra civil española e na Segunda guerra mundial. Recibiu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro con Follas de carballo na Alemaña nazi.
Segundo o historiador Hans-Adolf Jacobsenn en 1962 Trettner afirmou que Hitler fora dos poucos en avaliar correctamente o perigo do bolxevismo e actuara en consecuencia. A RDA compilou en 1964 un libro branco con información dos crimes de guerra de Trettner, entre eles a súa participación no bombardeo de Gernika, que a RFA cualificou de Kommunistische Verleumdung ("difamación comunista").
De 1964 a 1966 foi inspector xeral da Bundeswehr na RFA. O ex-comandante da Forza Aérea da República Española (FARE), Ignacio Hidalgo de Cisneros, fixo unha declaración pública criticando o nomeamento.
Nos anos 70 publicou na revista Vaticana Communio, fundada por Joseph Ratzinger, dous artigos sobre o Vaticano e o desarme.
Trettner morreu un día antes do seu 99º aniversario. Foi o derradeiro xeneral vivo da Wehrmacht.
Premios
Cruz de Guerra Española (30 de setembro de 1938) Thomas & Wegmann 1986, p. 328. Medalla de la Campaña de España (1 de decembro de 1938) Cruz de España de Ouro (6 de xuño de 1939) (España franquista) Insignia de Ferido (1939) D. Negro (3 de marzo de 1944) Cruz de Ferro (1939) 2a clase (12 de maio de 1940) e 1a clase (12 de maio de 1940) Insignia de piloto/observador en ouro e con diamantes Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro con follas de carballo Cruz de Cabaleiro o 24 de maio de 1940, ás 7. División Flieger 586 Follas de carballo, 17 de setembro de 1944, como Xeneral Maior e comandante da 4ª. División Fallschirmjäger (Alemaña nazi) Legion of Merit (Estados Unidos) (1 de novembro de 1964) Cabaleiro Comandante da Real Orde Vitoriana (Gran Bretaña) (18 de maio de 1965) Gran Cruz da Orde de Xurxo I (Grecia ) (16 de xullo de 1965) Grande Oficial da Orde do Mérito da República Italiana (Grand Ufficiale Ordine al Merito della Repubblica Italiana) (Italia) (8 de agosto de 1965) Gran Cruz coa estrela e a faixa da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (18 de xaneiro de 1967) (RFA) Grande Oficial da Légion d'honneur (Francia) (31 de decembro de 1969)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Adolf Heusinger Johannes Steinhoff Johann von Kielmansegg Franz-Joseph Schulze Karl Schnell Ernst Ferber Hans Speidel Ferdinand Maria von Senger und Etterlin
Categoría:Alumnos da Universidade de Bonn Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en 1907 Categoría:Militares de Alemaña Categoría:Militares de Alemaña da segunda guerra mundial Categoría:Militares da OTAN