Antonio Camacho Benítez, nado en Málaga o 24 de maio de 1892 e finado en México en 1974 foi un militar español que loitou na Guerra civil española en defensa da II República Española, encadrado nas Forzas Aéreas da República Española (FARE).

Traxectoria Camacho Berítez procedía da Arma de intendencia cando asistiu a un curso de piloto no aeródromo de Cuatro Vientos e licenciouse na Arma de aviación. Realizou servizos durante a Guerra do Rif, con saídas para abastecer posicións, ametrallamento de columnas inimigas, voos de recoñecemento, etc. En outubro de 1924, durante unha misión o seu avión foi derrubado e resultou ferido, pero durante semanas mantivo a defensa da súa posición, o que lle valeu a concesión dunha Medalla Militar Individual e o ascenso a comandante por méritos bélicos. En 1927, nos últimos anos do reinado de Afonso XIII, foi ascendido a Tenente coronel e nomeado xentilhome de Cámara con exercicio, en recoñecemento á súa actividade nas campañas africanas; até ese ano permanecera en Marrocos realizando servizos.

Despois da proclamación da II República en 1931, cinco anos despois ocupou o mando da Base Aérea de Xetafe e da 1ª Escuada Aérea. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo, que desembocou na Guerra civil, conseguiu que tanto a base como a unidade aérea mantivesen leais ao goberno. Durante a guerra ocupou importantes cargos militares, sendo nomeado subsecretario en 1936, de Aire durante o ministerio de Indalecio Prieto.Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 733 Ramón Salas Larrazábal, Historia del Ejército Popular de la República, páx. 1084 Nesta etapa reorganizou profundamente as Forzas Aéreas Republicanas, organizando a defensa aérea da retagarda republicana, etc. Tamén foi xefe do 1. ª Rexión Aérea, con base en Alcalá de Henares, e en 1938 foi nomeado xefe das Forzas Aéreas da zona centro-sur, sendo substituído na Subsecretaría polo tenente coronel Carlos Núñez Mazas.Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 874 M. Teresa Suero Roca, Militares republicanos de la Guerra de España, pág. 304 Nas últimas semanas da guerra, amosouse partidario do Consello de Defensa Nacional e da negociación da paz con Franco, en lugar de continuar coa resistencia e prolongar o conflito. O 16 de febreiro de 1939, durante unha reunión no Aeródromo de Los Llanos co presidente Negrín e outros militares, dixo que contaba con tres escuadróns de bombardeiros "Natachas", dous escuadróns "Katiuskas" e 25 avións tipo "Chato" ou "Mosca".Hugh Thomas, La Guerra Civil Española", pág. 957 Ramón Salas Larrazábal, Historia del Ejército Popular de la República, pp. 3392-3398 O fracaso das negociacións levouno a abandonar a España republicana, dirixíndose primeiro a Londres e despois a México, onde morreu en 1974.

Notas

Véxase tamén

Forza Aérea Española Ignacio Hidalgo de Cisneros Ligazóns externas

SBHAC, Galería Militar Republicana Pilotos republicanos en México

Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Nados en Málaga Categoría:Militares da guerra civil española leais á República Categoría:Aviadores de España