Boden é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten. A súa capital é a localidade de Boden.

Os ríos Råneälven e Luleälven atravesan o concello. a zona ten unha rica fauna, especialmente no que se refire á cantidade de aves rexistradas.

O municipio de Boden é un dos concellos de Suecia máis orientados cara ao sector servizos, sendo os principais empregadores os gobernos rexional e municipal e as Forzas Armadas. A poboación mantívose estable dende principios do século XXI con ao redor de 28 000 habitantes. En decembro de 2024 en Boden vivían 28 049 persoas.

Dende os anos 70 o Partido Socialdemócrata foi o partido máis votado no concello e dende o ano 2010 formou parte de distintas coalición para gobernar o concello.

Xeografía O concello de Boden atópase no sueste do condado de Norrbotten e limita ao norte co municipio de Gällivare kommun, ao nordés co de Överkalix, ao sueste co de Luleå, ao sur co de Älvsbyn e ao oeste co de Jokkmokk, e está partido en dous polo río Lule.

Notas

Categoría:Condado de Norrbotten Categoría:Concellos de Suecia