Roy Leonardo Barreras Montealegre, nado en Cali o 27 de novembro de 1963, é un político, escritor e médico cirurxián de Colombia, que tamén exerceu como profesor de antropoloxía médica. Foi representante á cámara e senador, así mesmo foi membro da delegación do Goberno na mesa de negociación coas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP) en Cuba. Barreras iniciou a súa vida política nas mocidades galanistas do Novo Liberalismo, movemento disidente do Partido Liberal. No ano 2000, uniuse ao Partido Cambio Radical onde militou até o 2009 cando foi expulsado; o mesmo ano uniuse ao Partido de la U, onde chegou a ser codirector e militou até 2012 cando tamén foi expulsado.https://web.archive.org/web/20100206213641/http://www.roybarreras.com/home/quien-soy.aspx Dende 2021, vinculouse á coalición política coñecida como Pacto Histórico onde apoiou a candidatura que levou á presidencia a Gustavo Petro, e onde foi un dos coordinadores da creación da lista pechada que obtivo a maior votación nas eleccións lexislativas de 2022, e onde resultou elixido senador para o período 2022-2026.
Dende o 20 de xullo de 2022, é o presidente do Senado da República de Colombia e, por conseguinte, o presidente do Congreso da República de Colombia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Roy Barreras Ficha en Congreso Libre
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Cali Categoría:Membros da Cámara de Representantes de Colombia Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Colombia Categoría:Alumnos da Universidade del Valle Categoría:Médicos de Colombia Categoría:Senadores de Colombia