ASCAMP foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense usado en 27 lanzamentos ao longo de 1958.

Características ASCAMP foi deseñado e construído por Cooper Development Co. por encargo do exército dos Estados Unidos para ser usado exclusivamente durante as probas nucleares Hardtack Teak e Hardtack Orange co fin de recoller datos atmosféricos. As probas tiveron lugar o 1 e o 12 de agosto de 1958, usándose 13 ASCAMP durante a primeira e 14 (cun lanzamento fallado) durante a segunda.

Os foguetes ASCAMP estaban formado por dúas etapas: unha primeira Asp e unha segunda Baby Sergeant. Tiñan unha lonxitude de 5,58 m, un diámetro de 16,5 cm e unha masa duns 160 kg, chegando a unha altura máxima duns 100 km. Os foguetes engalaban desde unha lanzadeira semiautomática debido á súa proximidade á zona das detonacións nucleares.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Asp (foguete)

Categoría:Foguetes sonda