miniatura|dereita|alt=o logo das Nacións Unidas é un mapamundi rodeado dunha coroa de loureiro|Logo das Nacións Unidas A Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade (CDPD) é un instrumento internacional de dereitos humanos das Nacións Unidas ou Dereito internacional dos dereitos humanos destinado a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade. Os países asinantes teñen a obriga de promover, protexer e garantir o pleno goce dos dereitos humanos das persoas con discapacidade e garantir a plena igualdade ante a lei.
O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 13 de decembro de 2006 na súa Sede en Nova York, e abriuse para a sinatura o 30 de marzo de 2007. Tras a súa aprobación pola Asemblea Xeral, a Convención foi aberta aos 192 estados Membros para a súa ratificación e aplicación. A Convención entraba en vigor cando fose ratificada por 20 países, o que sucedeu o 3 de maio de 2008. Ten 164 signatarios, 94 signatarios do Protocolo Facultativo, 185 ratificacións da Convención e 100 ratificacións do Protocolo. Trátase do primeiro instrumento amplo de dereitos humanos do século XXI e a primeira convención de dereitos humanos que se abre á sinatura das organizacións rexionais de integración. Sinala un “cambio paradigmático” das actitudes e enfoques respecto das persoas con discapacidade. A Convención está supervisada polo Comité de Expertos da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade.
Xénese ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ec/CRPD_members.svg/400px-CRPD_members.svg.png|miniatura|400x400px|Estados Partes e asinantes do Pacto: |alt=Mapamundi cos países asinantes e ratificantes do tratado Esta non foi a primeira vez que se expuxo a necesidade que a Organización de Nacións Unidas aprobase unha convención internacional en materia de dereitos humanos para as persoas con discapacidade. Desde as iniciativas innovadoras do decenio de 1980, foi proclamado oficialmente polo "Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992)" en 1987 unha reunión mundial experta para examinar os progresos recomendou que a Asemblea Xeral de Nacións Unidas debería redactar unha convención internacional para eliminar todas as formas de discriminación contra as persoas con discapacidade. Unhas "Normas Uniformes sobre a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade" foron aprobados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1993 con carácter non obrigatorio. No 2000, as principais organizacións non gobernamentais internacionais no campo da discapacidade (Rehabilitación Internacional, Organización Mundial de Persoas con Discapacidade, Unión Mundial de Cegos e Federación Mundial de Xordos) reuníronse en Pequín, China. Elaboraron a Declaración de Beijing, na que lle pediron aos gobernos apoio para a convención internacional. En 2001, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas apoiou unha proposta do goberno de México e nomeou un Comité específico para considerar as propostas para a elaboración dunha Convención Ampla e Integral para Promover e Protexer os Dereitos e a Dignidade das Persoas con Discapacidade, baseada nun enfoque holístico.
Estrutura e articulado A Convención segue a tradición de dereito civil. Componse dun preámbulo e 50 artigos, que recollen dereitos de carácter civil, político, social, económico e cultural. A diferenza de moitos pactos e convencións das Nacións Unidas, non está formalmente dividida en partes, mais poden identificarse:
Xeneralidades Artigo 1: Propósito Artigo 2: Definicións Artigo 3: Principios xerais Artigo 4: Obrigas xerais Dereitos e liberdades Artigo 5: Igualdade e non-discriminación Artigo 6: Mulleres con discapacidade Artigo 7: Nenos e nenas con discapacidade Artigo 8: Toma de conciencia Artigo 9: Accesibilidade Artigo 10: Dereito á vida Artigo 11: Situacións de risco e emerxencias humanitarias Artigo 12: Igual recoñecemento como persoa ante a lei Artigo 13: Acceso á xustiza Artigo 14: Liberdade e seguridade da persoa Artigo 15: Protección contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes Artigo 16: Protección contra a explotación, a violencia e o abuso Artigo 17: Protección da integridade persoal Artigo 18: Liberdade de desprazamento e nacionalidade Artigo 19: Dereito a vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade Artigo 20: Mobilidade persoal Artigo 21: Liberdade de expresión e de opinión e acceso á información Artigo 22: Respecto da privacidade Artigo 23: Respecto do fogar e da familia Áreas de aplicación Artigo 24: Educación Artigo 25: Saúde Artigo 26: Habilitación e rehabilitación Artigo 27: Traballo e emprego Artigo 28: Nivel de vida adecuado e protección social Artigo 29: Participación na vida política e pública Artigo 30: Participación na vida cultural, as actividades recreativas, o tempo de lecer e o deporte Aplicación da convención e informes Artigo 31: Recompilación de datos e estatísticas Artigo 32: Cooperación internacional Artigo 33: Aplicación e seguimento nacionais Artigo 34: Comité sobre os dereitos das persoas con discapacidade Artigo 35: Informes presentados polos Estados Partes Artigo 36: Consideración dos informes Artigo 37: Cooperación entre os Estados Partes e o Comité Artigo 38: Relación do Comité con outros órganos Artigo 39: Informe do Comité Ratificación da convención Artigo 40: Conferencia dos Estados Partes Artigo 41: Depositario Artigo 42: Sinatura Artigo 43: Consentimento en obrigarse Artigo 44: Organizacións rexionais de integración Artigo 45: Entrada en vigor Artigo 46: Reservas Artigo 47: Emendas Artigo 48: Denuncia Artigo 49: Formato accesíbel Artigo 50: Textos auténticos
Disposicións básicas
Principios reitores da Convención Como se define no obxectivo da convención:
A Convención e cada un dos seus artigos baséanse en oito principios reitores:
Definición de discapacidade A convención adopta un modelo social de discapacidade, e entre eles defínese a discapacidade como
Principio de "axustes razoábeis" Para os fins da presente Convención: Accesibilidade A Convención fai fincapé en que:
Os Estados Partes tamén adoptarán as medidas pertinentes para:
Situacións de risco e emerxencias humanitarias A Convención fai fincapé na axuda humanitaria:
Dereito á educación O Convenio estabelece que as persoas con discapacidade deben ter garantido o seu dereito á educación. Polo tanto, o artigo expón que:
Os Estados Partes deben velar por que:
Os nenos e nenas con discapacidade non queden excluídos da Educación primaria gratuíta e obrigatoria nin da Educación secundaria; As persoas adultas con discapacidade teñan acceso xeral ao Ensino superior, á formación profesional, á Educación de persoas adultas e á aprendizaxe permanente; As persoas con discapacidade reciben o apoio necesario, dentro do sistema xeral de educación, para facilitar a súa formación efectiva; e As medidas de apoio personalizadas e efectivas ponse en práctica para aproveitar ao máximo o desenvolvemento académico e social.
Estímase que os Estados Partes deben adoptar medidas apropiadas, talles como:
apoiar a aprendizaxe do braille, a escritura alternativa, os modos, medios e formatos aumentativos e alternativos de comunicación e habilidades de orientación e mobilidade; facilitar o apoio entre pares e a titoría; apoiar a aprendizaxe da Lingua de sinais e a promoción da identidade lingüística das persoas xordas; defender a educación das persoas, especialmente nenos e nenas, que son cegos e / ou xordos; dispor da maioría dos idiomas e medios de comunicación apropiados para cada individuo, e empregar mestres e mestras, incluídos persoas con discapacidade, que estean cualificados en lingua de signos ou braille e preparados para formar aos profesionais da educación e a concienciación do persoal sobre a discapacidade, o uso de modos e formatos de comunicación aumentativos e alternativos e técnicas educativas e materiais para apoiar ás persoas con discapacidade.
En palabras simples, recoñécese o dereito á educación inclusiva, a educarse nas mesmas escolas que o resto das persoas. Por iso os estados teñen a obriga de dar apoio para que as persoas con discapacidade poidan educarse en igualdade cos demais e garantir que accedan á educación superior e á aprendizaxe durante toda a vida.
Dereito a vivir en forma independente O Convenio recoñece o dereito das persoas con discapacidade de elixir con quen e onde vivir. Por iso os estados teñen a obriga de dar todos os apoios necesarios para que as persoas con discapacidade poidan vivir como elixan e non sexan illadas. Este dereito está recoñecido no artigo 19 da Convención.
Dereito a formar unha familia O Convenio recoñece o dereito das persoas con discapacidade a formar unha familia, ter relacións sexuais, ter fillos, manter a súa capacidade reprodutiva, etc. Ningún neno ou nena pode ser separado dos seus pais e nais porque algún deles teña discapacidade. Recoñecido no artigo 23 da Convención.
Dereito ao traballo e ao emprego libre O Convenio recoñece o dereito das persoas con discapacidade ao emprego libre, a traballar no emprego que elixan. Prohibe a discriminación por motivos de discapacidade no emprego e obriga aos Estados a asegurar que as persoas con discapacidade reciban o mesmo salario e as mesmas condicións de traballo que as demais persoas.
Ademais destas obrigas, os estados deben fomentar o emprego das persoas con discapacidade, asegurar a súa formación laboral, empregar persoas con discapacidade, etc.
Dereito á saúde O convenio recoñece que as persoas con discapacidade teñen dereito ao goce do máis alto nivel alcanzábel de saúde sen discriminación por razón de discapacidade garantindo o acceso aos servizos sanitarios sensíbeis ao xénero, incluída a rehabilitación relacionada coa saúde con especial atención á calidade e estándar de atención, gratuidade, saúde sexual e reprodutiva, identificación e intervención temperá, prevención de novas discapacidades, servizos sanitarios próximos, consentimento libre e informado, normas éticas para a atención sanitaria pública e privada, etc.
Dereitos de participación A Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade recoñece que:
Tamén estabelece que: A Convención entende a participación das persoas con discapacidade como un dos seus principios e sinala:
Dereito de voto O artigo sobre a participación na vida política e pública exixe que todos os estados contratantes estarán obrigados a regular:
Segundo esta disposición, cada estado contratante debería proporcionar os medios de votación que permita aos votantes con discapacidade que voten con independencia e en segredo. Algúns países asinantes como Estados Unidos, Países Baixos, Eslovenia, Albania e a India permiten aos votantes con discapacidade utilizar máquinas de votación electrónica. Noutros, entre eles Azerbaidján, Kosovo, Canadá, Ghana, Reino Unido, e a maioría de países africanos e asiáticos, os electores con discapacidade visual poden utilizar as papeletas en braille ou papeletas con padrón. Outros máis como España permiten a outra persoa emitir o voto para os votantes cegos ou con discapacidade. Acordos deste tipo, con todo, non cumpren coa Convención, xa que non garante voto secreto.
Outra condición que ese mesmo artigo exixe é asegurar que os Estados contratantes garantan que os procedementos, instalacións e materiais electorais sexan adecuados, accesíbeis e fáciles de entender e utilizar Reservas e declaracións interpretativas