Cómo mandarlo todo a la mierda é unha serie española de comedia dramática creada por Jaime Olías e Pablo Sanhermelando, escrita e dirixida por Jaime Olías, e protagonizada por Naira Lleó, Malva Vela, Gabriel Guevara, Óscar Ortuño, Nadia Al Saidi e Sergi Méndez. Estreouse en HBO Max o 1 de xullo de 2022.

Sinopse Alba é unha moza á que lle custa adaptarse e que leva pouco tempo no seu novo instituto. Descobre que a viaxe de fin de curso se cancela e por casualidade descobre que un grupo de compañeiros da súa clase ten un plan secreto. Farán crer aos seus pais que a viaxe segue adiante con normalidade, roubarán unha furgoneta do irmán dun deles e lanzaranse tres semanas á estrada sen rumbo fixo.

Elenco Naira Lleó Malva Vela Gabriel Guevara Óscar Ortuño Nadia Al Saidi Sergi Méndez Juanma Cifuentes Mateu Bosch Héctor Juezas Paula García Sabio Pablo Álvarez Jaime Olías

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de HBO Max