Guillermo Escalada, nado en Montevideo o 24 de abril de 1936 e finado o 21 de xuño de 2023, foi un futbolista uruguaio que xogaba como dianteiro.

Traxectoria Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Nacional, co que debutou en 1954 e no que xogou ata 1963, e formou parte dunha das dianteiras máis celebres da historia do club, xunto a Héctor Núñez, Julio Acosta, Raúl Núñez e Héctor Rodriguez. Gañou, entre outros títulos, as ligas de 1955, 1956 e 1957. En 1958 marcou en Riazor o gol da vitoria contra o Flamengo, co que o seu equipo se proclamou campión da 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera. En 1959 tivo a oportunidade de conquistar o seu cuarto título de liga, pero perdeu a final de desempate contra o Peñarol, nun histórico encontro no que foi un dos oito xogadores expulsados.

En 1962 debutou co seu equipo na Copa Libertadores, nun partido ante o Sporting Cristal peruano. Xogou seis partidos durante a competición, marcando un gol nas semifinais contra Peñarol no estadio Centenario. Disputou un total de 173 partidos oficiais co club, marcando 62 goles.

Tamén xogou no Gimnasia y Esgrima La Palta e no Montevideo Wanderers.

Selección nacional Foi 30 veces internacional coa selección do Uruguai, coa que marcou 11 goles. Debutou o 30 de marzo de 1955, durante a disputa da Copa América, nunha derrota por 2-1 ante o Perú, onde xogou a segunda parte como substituto de Américo Galván. Na seguinte edición do torneo continental, con Hugo Bagnulo como técnico, o conxunto uruguaio proclamouse campión xogando na casa. Escalada marcou dous goles no partido inaugural contra Paraguai e anotou un terceiro contra o Perú. Só foi superado como artilleiro polo chileno Enrique Hormazábal, que marcou catro goles.

Disputou tamén as dúas edicións da Copa América celebradas en 1959, e proclamouse campión na segunda delas, en Ecuador, aportando dous goles durante o torneo. Formou parte da selección dirixida por Juan Carlos Corazzo no Mundial de 1962, pero non chegou a debutar na competición. Xogou o seu último encontro como internacional ese mesmo ano, na disputa da Copa Lipton contra a Arxentina no estadio Monumental de Núñez, en Buenos Aires.

Palmarés Nacional Primeira División (3): 1955, 1956, 1957. Torneo de Honor (5): 1955, 1957, 1958, 1961, 1962. Torneo Competencia (4): 1958, 1959, 1961, 1962. Torneo Cuadrangular (4): 1954, 1956, 1958, 1962. Campionato Nacional General Artigas (2): 1961, 1962.

Selección uruguaia Copa América (2): 1956, 1959.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Datos do xogador co Club Nacional . Datos do xogador coa selección uruguaia .

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores do Gimnasia y Esgrima de La Plata Categoría:Xogadores do Montevideo Wanderers FC Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962