Aintzane Usandizaga López, nada en Lasarte-Oria, Guipúscoa, en 1988, é unha escritora guipuscoana en éuscaro.

Traxectoria Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade do País Vasco, e fixo un posgrao en Desenvolvemento Social da Cultura Artística na Universidade de Málaga (UMA). Traballou en varios proxectos e centros culturais. En 2019 publica o seu primeiro traballo no ámbito literario, Kabitu ezina, e obtén o Premio Etxepare do mesmo ano, grazas ao álbum Etxe honetan (Pamiela, 2019) co ilustrador Asier Iturralde González de Alaiza "Gastón". Tamén colabora no xornal Berria e na publicación dixital Hitzen Uberan. Traballou en varios proxectos e centros culturais.

En agosto de 2022 participou en "Un verán en Galeusca" proxecto impulsado, por cuarto ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato BoA TornAda.

Obras

Novela

Kabitu ezina (2019). Elkar. ISBN 978-84-90279-41-0.

Álbums ilustrados

Etxe honetan (2019). Pamiela. É un traballo realizado xunto co ilustrador Asier Iturralde Gonzalez de Alaiza "Gastón", que gañou o XIII Premio Etxepare, así como o Premio Juul da Asociación de Escolas, en 2021. (Ia) guztia moztu eta itsats daiteke. Esther Ferrer eta Dembora (2022). Pamiela. ISBN 978-84-9172-248-9. Un álbum creado coa ilustradora Aran Santamaria que explora a relación da artista Esther Ferrer co tempo.

Premios Ademais dos premios Etxepare e Juul, gañou dous premios no certame de relatos curtos Julene Azpeitia organizado polo Concello de Zumaia: en 2014 gañou o primeiro premio (relato Kolokan ), e en 2018, o segundo premio (Historia de Bazterbideak). Notas

Ligazóns externas

Obras de Aintzane Usandizaga , en Berria.

Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Nados en Lasarte-Oria Categoría:Nados en 1988 Categoría:Escritores en lingua éuscara