Falkenberg é un municipio sueco (kommun) do condado de Halland. É o concello de maior superficie do condado, e o cuarto en poboación con 47 337 habitantes en decembro de 2024. Máis da metade da poboación vive na cidade de Falkenberg, a súa capital.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Abild, Alfshög, Asige, Askome, Eftra, Fagered, Gunnarp, Gällared, Krogsered, Källsjö, Köinge, Ljungby, Morup, Okome, Skrea, Slöinge, Stafsinge, Svartrå, Ullared, Vessige, Vinberg, Årstad e Älvsered. Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Falkenberg, que en 1863 formou un concello urbano.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: Högvad (a patrtir dos anteriores concellos de Holsljunga, Mjöbäck e Älvsered no antigo condado de Älvsborg), Morup (de Morup e Stafsinge), Ullared (de Fagered, Källsjö e Ullared), Vessigebro (de Alfshög, Askome, Köinge, Okome, Svartrå e Vessige), Vinberg (de Ljungby e Vinberg), Årstad (de Abild, Asige, Eftra, Slöinge e Årstad) e Ätran (de Gunnarp, Gällared e Krogsered). Ao mesmo tempo co concello rural de Skrea incorporouse á cidade de Falkenberg.
O municipio de Falkenberg formouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Falkenberg e dos concellos rurais de Morup, Ullared, Vessigebro, Vinberg, Årstad e Ätran, así como dunha parte do municipio de Högvad (a parroquia de Älvsered).
Xeografía O concello atópase principalmente no landskap de Halland, pero unha pequena parte no nordés (o distrito de Älvsered) está no landskap de Västergötland.
O municipio de Falkenberg está no Kattegatt e limita ao sur cos concellos de Halmstad e Hylte e ao norte cos de Varberg, Mark e Svenljunga, e ao leste co de Gislaved.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Halland