Anne-Kristiina Haanpää (de solteira Bäckman), nada o 25 de maio de 1959 en Tampere (Finlandia, é unha xogadora finlandeas de hóckey sobre xeo retirada.

Haanpää xogou máis de 200 partidos na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten SM-sarja, e gañou o campionato en oito ocasións: cinco con Ilves de Tampere e tres cos Shakers de Kerava. Coa selección finlandesa Haanpää gañou catro Campionatos de Europa e conseguiu outros catro bronces nos Campionatos do Mundo.

Unha vez finalizada a súa carreira como xogadora, Haanpää exerceu, entre outras cousas, como árbitra.

Recoñecementos En 2014 ingresou no Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés, os Suomen jääkiekkoleijonat co número 227.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Tampere Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset Categoría:Xogadoras de Porin Ässät Naiset Categoría:Personalidades do salón da fama do hóckey sobre xeo (Finlandia)‎