Gnesta é un municipio sueco (kommun) do condado de Södermanland. A súa capital é a localidade de Gnesta. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 11 458 habitantes.
A paisaxe caracterízase por liñas de falla en dirección leste-oeste, incluíndo unha que atravesa o centro da capital onde os edificios ascenden pola ladeira parcialmente boscosa cara ao sur. Ao leste de Vårdinge a vexetación vese afectada polo leito rochoso rico en calcaria e de onde se extrae tamén mármore.
O municipio distínguese por unha destacada presenza de pequenas empresas, con negocios como Powerbox AB e Rekal Svenska AB na súa capital. A maioría das pequenas empresas operan principalmente no sector servizos.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coas parroquias de Björnlunda, Dillnäs, Frustuna, Gryt, Gåsinge, Kattnäs e Torsåker. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 municipios rurais co mesmo nome.
O 13 de agosto de 1883 estableceuse na zona a localidade municipal de Gnesta no concello rural de Frustuna.
En 1941 fundouse o municipio rural de Gåsinge-Dillnäs a partir dos concellos rurais de Gåsinge e Dillnäs.
Cos reforma municipal de 1952 creáronse os grandes municipios de Daga (a partir dos concellos de Björnlunda, Gryt e Gåsinge-Dillnäs), Gnesta (a partir de Frustuna e Kattnäs) e Tystberga (a partir de Bogsta, Bälinge, Lästringe, Sättersta, Torsåker e Tystberga).
O köping de Gnesta fundouse en 1955 a través da reorganización do municipio rural de Gnesta, disolvéndose a localidade municipal.
O municipio de Gnesta fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Gnesta. En 1974 incorporouse ao concello de Nyköping, e no ano 1992 reformouse Gnesta mediante a separación do municipio anterior e a unión co anterior concello de Daga e unha parte do concello de Tystberga (a parroquia de Torsåker).
O 1 de xaneiro de 1992, unha área con 122 persoas foi transferida ao municipio de Gnesta a a parroquia de Frustuna-Kattnäs dende a parroquia de Lästringe no concello de Nyköping.
Xeografía O concello de Gnesta atópase no leste do condado de Södermanland. Limita ao leste cos concellos de Nykvarn e Södertälje, ámbolos dous no condado de Estocolmo, ao sueste co municipio de Trosa, ao sur co de Nyköping, ao oeste co de Flen, e ao norte co de Strängnäs, todo eles no condado de Södermanland.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Södermanland