Nói albínói é un filme islandés de 2003 dirixido por Dagur Kári. Foi escollido como candidato de Islandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 76ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Argumento Nói, de 17 anos, vive á deriva nun remoto fiorde do norte de Islandia. No inverno, o fiorde atópase separado do mundo, rodeado de montañas e enterrado nun sudario de neve. Nói soña con escapar con Íris, unha moza da cidade, pero os seus torpes intentos de escapar sucédense e fracasan estrepitosamente. Só un desastre natural lle dará unha visión dun futuro prometedor.

Personaxes Tómas Lemarquis como Nói Þröstur Leó Gunnarsson como Kiddi Beikon Elín Hansdóttir como Íris Anna Fridriksdóttir como Lína Hjalti Rognvaldsson como Óskar Pétur Einarsson como Prestur Kjartan Bjargmundsson como Gylfi Greipur Gíslason como Þórarinn Skólastjóri

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Islandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 76ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua islandesa Categoría:Filmes de Islandia Categoría:Filmes ambientados en Islandia Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais