Lotanna Nwogbo, nado o 30 de maio de 1993 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte nixeriano que xoga para o Real Valladolid Baloncesto da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 2,03 metros xoga nas posicións de pivote e ala-pivote.
Traxectoria profesional O 25 de febreiro de 2021, Nwogbo asinou ata final de tempada polo Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.
O 27 de xuño de 2021, Nwogbo asinou por unha tempada co Donar Groningen da BNXT League. Co Donar, Nwogbo gañou a copa neerlandesa de baloncesto da tempada 2021/22, e acadou 11.1 puntos e 5.3 rebotes por encontro, antes de mancarse na segunda metade da tempada.
O 23 de agosto de 2022, anunciouse a volta de Nwogbo por unha tempada ó Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en FIBA Basketball
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Atlanta, Xeorxia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto de Nixeria Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do Donar Groningen Categoría:Xogadores do Real Valladolid Baloncesto