A alfa-actinina-1 (nome de UniProt), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene ACTN1 do cromosoma 14.

Función As alfa-actininas pertencen á superfamilia de xenes da espectrina, que son un grupo diverso de proteínas citoesqueléticas, que inclúen as alfa e beta espectrinas e as distrofinas. A alfa-actinina-1 é unha proteína que establece enlaces cruzados coa F-actina. É unha proteína que intervén na formación de feixes de actina e pénsase que ancora a actina a diversas estruturas intracelulares. A alfa-actinina-1 é unha isoforma citoesquelética non muscular que se encontra ao longo de feixes de microfilamentos e unións de tipo adherente, onde está implicada na unión da actina ás membranas. En contraste, as isoformas esqueléticas, cardíacas e do músculo liso están localizadas no disco Z e corpos densos análogos, onde axudan ancorar os filamentos de actina miofibrilar.

Interaccións A alfa-actinina-1 presenta interaccións con: CDK5R1, CDK5R2, Coláxeno, tipo XVII, alfa 1, GIPC1, PDLIM1, Proteína quinase N1, SSX2IP, Zyxina. PTPRT (PTPrho)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Actinina

Bibliografía

Ligazóns externas Actinin, alpha 1 Info with links in the Cell Migration Gateway

Categoría:Proteínas