A IIHF European Women's Champions Cup (EWCC) foi unha competición de clubs feminines de hóckey sobre xeo disputada entre os equipos campións nacionais de varios países europeos. A competición foi creada e organizada pola Federación Internacional de Hockey sobre Xeo (IIHF polas súas siglas en inglés). O formato de competición incluía dúas fases de grupos seguidas por unha rolda final. Cada fase xogábase en formato de liga en grupos de catro equipos cada un.
Historia A competición foi creada en 2004, ao mesmo tempo que a competición masculina similar. O primeiro equipo campión foi o AIK IF sueco. Este club sueco gañou as tres edcións seguintes. Dende 2009, a IIHF European Women's Champions Cup foi gañada por equipos rusos, coa excepción da tempada 2010–2011, na que se proclamou campión o Ilves finlandés.
Palmarés TempadaOuroPrataBronce Sede (Finais)2004–05 AIK IF HC SKIF Moscova EV Zug Solna2005–06 AIK IF Espoo Blues HC SKIF Moscow Solna 2006–07 AIK IF HC Tornado Segeltorps IF Katrineholm 2007–08 AIK IF Espoo Blues Aisulu Almati Vallentuna2008–09 SKIF Nizhnii Novgorod Segeltorps IF Espoo Blues Lohja2009–10 HC Tornado Espoo Blues OSC Berlin Berlín2010–11 Ilves Tampere SKIF Nizhnii Novgorod HC Lugano Lugano2011–12 HC Tornado ZSC Lions HPK Hämeenlinna2012–13 HC Tornado MODO Hockey Kärpät Oulu Oulu2013–14 HC Tornado AIK IF Espoo Blues Bad Tölz2014–15 SKIF Nizhnii Novgorod Linköpings HC Espoo Blues Espoo
Categoría:Competicións extintas de hóckey sobre xeo