miniatura|Selo de Colorado

A Asemblea Xeral de Colorado (en inglés, Colorado General Assembly) é o parlamento do estado de Colorado (Estados Unidos). Os seus poderes derívanse da constitución estatal de 1876 e ten unha estrutura bicameral, estando composto por un senado e unha cámara de representantes. O Capitolio Estatal de Colorado, en Denver, alberga a súa sede. miniatura|Retrato de Carrie C. Holly, das primeiras deputadas de Colorado e a primeira muller en conseguir a aprobación dunha lei nos Estados Unidos.

Composición O artigo 5 da constitución de Colorado de 1876 determina que está integrada por:

O Senado: a cámara alta conta con 35 membros escollidos cada catro anos. O Senado renóvase por partes cada dous anos. Ata 1974 o tenente gobernador de Colorado exercía a presidencia da cámara, dende entón, os senadores escollen entre eles a un para exercer a presidencia. A Cámara de Representantes: a cámara baixa ten 65 integrantes escollidos cada dous anos.

Os lexisladores non poden exercer o cargo durante máis de oito anos consecutivos.

A Cámara de Representantes de Colorado foi a primeira cámara parlamentaria dos Estados Unidos en contar con mulleres entre os seus deputados. As pioneiras foron Clara Cressingham, Frances S. Klock e Carrie Clyde Holly, as tres escollidas polo Partido Republicano en 1894. Ademais, Carrie C. Holly foi a primeira lexisladora en propoñer e conseguir a aprobación dunha lei: foi en 1895 para fixar nos 18 anos a idade de consentimento sexual da muller.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Colorado

Ligazóns externas

Páxina web oficial da Asemblea Xeral de Colorado (en inglés)

Categoría:Colorado Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:Parlamentos