Halmstad é un municipio sueco (kommun) do condado de Halland. A súa capital é a cidade de Halmstad, que tamén é a capital do condado. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 106 084 habitantes.

O 14 de febreiro de 2018 o municipio de Halmstad celebrou o feito de que o concello acadase a cifra dos 100 000 habitantes.

Xeografía O municipio está no Kattegatt, no centro do landskap de Halland. Limita ao norte cos concellos de Falkenberg e Hylte, e ao sur co de Laholm, todos no condado de Halland, e tamén limita ao leste co municipio de Ljungby no condado de Kronoberg. A través do concello flúe o río Nissan.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Halland