Donde el corazón te lleve é o primeiro disco en solitario de José Andrëa, vocalista daquela do grupo de metal Mägo de Oz. Publicado en 2004, o disco está composto por versións en español de baladas clásicas de heavy metal e unha canción orixinal, que dá título ao álbum.

Colaboran no disco, entre outros, Jorge Salán (guitarra),Joaquín Arellano “El Niño” (batería), Sergio Cisneros “Kiskilla” (piano e teclados) e Sergio Martínez (baixo), quen acompañan principalmente a José Andrëa. Outros colaboradores son Medina Azahara, Cuatro Gatos, Juanma (o primeiro cantante de Mägo de Oz), Patricia Tapia e algúns membros de Mägo de Oz.

O álbum leva o mesmo nome que unha novela de Susanna Tamaro.

Temas "Engañando al olvido" (Bryan Adams, "Heaven") - 4:13 "Lo que quiero eres tú" (Paul Rodgers, "All I want is you") - 4:10 "Tus lágrimas no besan" (Damn Yankees, "High enough") - 4:14 "El precio" (Twisted Sister, "The Price") - 4:43 "El peso del alma" (HammerFall, "Glory to the brave") - 5:55 "Siempre estás allí" (Barón Rojo) - 7:10 "Aquí estoy" (Rainbow, "Stone cold") - 4:37 "El Dios de la Guerra" (McAuley Schenker Group, "When I'm gone") - 5:17 "En tu estrella" (Scorpions, "Always somewhere") - 5:20 "El mar de la tranquilidad" (Dokken, "Alone again") - 4:00 "En las olas de tu cintura" (Deep Purple, "Love conquers all") - 4:12 "La belleza está en tu interior" (Mr. Big, "To be with you") - 4:56 "Pregúntale a Dios" (Deep Purple, "Soldier of fortune") - 3:36 "Donde el corazón te lleve" - 5:41

Notas

Categoría:Álbums musicais de 2004