Daniel Thomas Barry, nado en Norwalk, Connecticut, o 30 de decembro de 1953, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-105, STS-72 e STS-96.
Traxectoria Barry graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Cornell en 1975 e é máster na mesma materia pola Universidade Princeton en 1977, cun doutoramento pola mesma universidade en 1980 e un doutoramento en medicina pola Universidade de Miami en 1982.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992. Participou nas misións STS-105, STS-72 e STS-96, pasando un total de 30,60 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-105 STS-72 STS-96
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Connecticut Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton