Joyce Allan, nada o 8 de abril de 1896 e finada o 31 de agosto de 1966, foi unha conquilióloga, conservadora no Museo Australiano e ilustradora científica.

Traxectoria Primeiros anos e educación Allan naceu como Catherine Mabel Joyce Allan o 8 de abril de 1896 en Balmain, Sydney.Walker, Prue. "Joyce Allan, Conchologist". Australian Museum. Consultado o 31 de agosto de 2021. Foi a oitava filla de Florence Fountain Allan, de solteira Hesketh, e Joseph Stuart Allan.McMichael, D. F. "Allan, Catherine Mabel Joyce (1896–1966)". Australian Dictionary of Biography. National Centre of Biography, Australian National University. Consultado o 31 de agosto de 2021.

A educación de Allan foi inicialmente privada, pero a continuou asistindo ao Fort Street Girls' High School. Durante o seu tempo no Instituto (High School) visitou a miúdo o Museo Australiano e clasificaba cunchas para Charles Hedley.

Carreira miniatura|275px|Allan examinando espécimes no Museo Australiano miniatura|275px|Moluscos de Nova Zelandia, por Joyce K. Allan

Joycr Allan foi nomeada empregada temporal no Museo de Australia en febreiro de 1917 e traballou como asistente de Charles Hedley. Inicialmente foi a responsábel de colaborar na conservación da colección de conquilioloxía, así como de subministrar ilustracións para artigos científicos escritos polo persoal do museo. Allan era un artista talentosa, e expuxo obras de arte na Royal Art Society of New South Wales. A medida que pasaba o tempo adquiriu máis experiencia en moluscos e comezou a escribir artigos científicos. Asinou tanto as súas obras de arte como os seus traballos científicos como "Joyce K. Allan". A maioría dos seus artigos publicados estaban relacionados coa subclase dos opistobranquios."Allan, Catherine Mabel Joyce (1896–1966)". Encyclopedia of Australian Science. Consultada o 31 de agosto de 2021.

En 1920 Allan obtivo un posto permanente no Museo e, tras a dimisión de Hedley en 1924, foi a responsáble da sección de conquilioloxía do Museo de Australia, con Tom Iredale como asistente. En 1925 as posicións de Allan e Iredale foron invertidas.

Ademais de escribir artigos científicos sobre moluscos, Allan escribiu artigos no Australian Museum Magazine,"Museum Magazine". Trove. National Library of Australia. e contribuíu á Australian Encyclopaedia. Tamén dictou conferencias."Museum Lecture". The Sydney Morning Herald.

Allan apareceu frecuentemente como tema de artigos en xornais e revistas, non só como resultado de ser unha muller científica, senón tamén polo seu talento para a comunicación científica.Walker, Pru. "Joyce Allan – well-respected scientist". Australian Museum.

En 1931 Allan foi nomeada para o posto de asistente científico. Durante a segunda guerra mundial traballou nos Servizos Nacionais de Emerxencia e foi nomeada asistente do superintendente de precaucións contra ataques aéreos. En 1943 Joyce Allan foi elixida membro da Royal Zoological Society of New South Wales e, ao facelo, converteuse na primeira muller en acadar este honor. En 1944 volveu ao Museo de Australia e, tras a xubilación de Tom Iredale, foi escollida para sucedelo.

A principios de 1949 Allan foi nomeada conservadora de cunchas no Museo e, mentres ocupaba ese cargo, asistiu ás reunións da Asociación Australiana e Nova Zelandesa para o Avance da Ciencia. Nese ano tamén asistiu ao "Pacific Science Congress" en Nova Zelandia e, en 1953 viaxou a Copenhague para asistir ao "International Congress of Zoology".

En 1950 Allan escribiu Australian Shells, o primeiro libro que tenta describir a maioría dos moluscos australianos. Foi moi ben considerado tanto pola comunidade científica como polos coleccionistas de moluscos.

Joyce Allan retirouse do seu posto no Museo de Australia en xuño de 1956 como consecuencia de sufrir unha enfermidade. Porén, foi nomeada zoóloga honoraria e, como tal, continuou traballando de xeito voluntario no Museo. Tamén foi autora doutros textos científicos. Non foi até 1962 cando deixou de traballar en calquera función no Museo.

Vida persoal O 18 de maio de 1949 Joyce Allan casou con Hector Walker Kirkpatrick na igrexa anglicana de St Clement, de Mosman.

Morte Joyce Allan morreu o 31 de agosto de 1966 aos 70 anos en Mosman, dunha enfermidade cerebrovascular, e foi incinerada. O seu marido sobreviviu.

Algunhas publicacións 1936. Victorian sea shells: a handbook for collectors and students, by Charles J. Gabriel; with numerous illustrations by Joyce K. Allan. Field Naturalists' Club of Victoria, Melbourne, Australia 1950. Australian shells, with related animals living in the sea, in fresh-water and on the land, by Joyce Allan. Georgian House Pty., Ltd., Melbourne, Australia 1956. Cowry Shells of World Seas, por Joyce Allan. Charles T. Branford Co., Boston 1958. The sea-horse and its relatives, por Gilbert Whitley e Joyce Allan. Georgian House, Melbourne, Australia

Honores Epónimos

Polo menos tres moluscos, un peixe e un insecto foron nomeados en honor de Allan. Estas especies inclúen: Coralastele allanea Iredale, 1930. Microcanthus joycei Whitley, 1931. Phosinella allanae Laseron, 1950.World Register of Marine Species.

Notas

Categoría:Científicos de Australia Categoría:Ilustradores Categoría:Malacólogos de Australia Categoría:Nados en Sidney Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1966