Huddinge é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo. A súa capital é Huddinge centrum. O concello limita ao norte co municipio de Estocolmo e a súa maioría está dentro da área urbana da capital sueca. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 114 350 habitantes.
Administración histórica Huddinge é un dos poucos concellos suecos que, dende a introdución das ordenanzas municipais de 1962, non se viu afectado significativamente polas reformas municipais levadas a cabo durante o século XX no país. Polo tanto, a actual área do concello correspóndese á da antiga parroquia de Huddinge onde se fundou o concello rural do mesmo nome en 1863.
Dentro do concello de Huddinge houbo unha serie de localidades municipais: Segeltorp (1924-1953), Hörningsnäs (5 de decembro de 1915-1947), Stuvsta (1924-1947), Fullersta (1924-1947), Snättringe (2 de novembro de 1928-1947). Os catro últimos fusionáronse en 1947 coa localidade municipal de Huddinge que se creara en 1924, formando un gran concello. Este disolveuse o 31 de decembro de 1952.
O 1 de xaneiro de 1963 Skärholmen e Vårberg, cunha superficie de 3,77 km², integráronse na cidade de Estocolmo.
O municipio rural de Huddinge reorganizouse en 1971 para formar o actual concello de Huddinge.
Dende a súa fundación ata o ano 2007 o concello pertenceu ao partido xudicial de Huddinge, e dende entón pertence ao de Södertörn.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo