miniatura|Modelo dunha nave Bion-M. Bion-M é o nome dunha serie de satélites rusos adicados á investigación biolóxica, sucesores das naves Bion.

Características Bion-M son as sucesoras das naves Bion para experimentos biolóxicos. Manteñen o deseño xeral das Bion, co módulo de reentrada derivado das naves Vostok pero co módulo de propulsión baseado no dos satélites Yantar, que permite á nave ter certa manobrabilidade e permanecer máis tempo no espazo. As Bion-M van alimentadas mediante paneis solares e poden pasar ata 6 meses no espazo. Teñen unha masa duns 6000 kg, aumentándose a masa útil en 100 kg. Son lanzados mediante foguetes Soiuz 2-1a.

Misións Bion

MisiónData de lanzamentoData de regresoResultadoBion-M 119 de abril de 201319 de maio de 2013ÉxitoBion-M 220 de agosto de 202523 de setembro de 2025Éxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 2-1a Bion-M 1 Bion

Categoría:Bion