Jørgen Strand Larsen, nado en Halden o 6 de febreiro de 2000, é un futbolista noruegués que xoga como dianteiro no Wolverhampton Wanderers F.C. da Premier League.
Traxectoria Tras destacar coma nova promesa no Sarpsborg 08 do seu país natal, o 9 de setembro de 2020 fíxose oficial a súa incorporación ao F. C. Groningen da Eredivisie asinando un contrato por 4 tempadas.
Na tempada 2021-22 foi quen de anotar 14 goles nas filas do F. C. Groningen.
O 1 de setembro de 2022, tras dúas tempadas no club neerlandés, asinou a poucas horas da finalización do mercado de fichaxes polo Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España por seis tempadas a cambio de 11 millóns de euros.
Selección nacional Internacional con Noruega en categorías inferiores, debutou coa selección absoluta en 2020.
Clubs 20x20px Actualizado co último partido disputado p .
Club País Ano Partidos GolesSarpsborg 082017-2020619F. C. Groningen2020-20227127Celta de Vigo2022-act.10
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Jørgen Strand Larsen en NFF
Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Noruega Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026