miniatura|Hemiciclo da Cámara de Representantes de Rhode Island (Providence), sede da Asemblea Xeral do estado

A Asemblea Xeral de Rhode Island (en inglés, Rhode Island General Assembly) é o parlamento de Rhode Island, nos Estados Unidos. Conta cun total de 113 lexisladores elixidos por sufraxio universal e que integran o Senado ou a Cámara de Representantes. A sede está en Providence, no edificio do Capitolio estatal, que debido a que está no barrio de Smith Hill polo tamén se emprega este topónimo para denominar á Asemblea Xeral.

Composición A sección 2ª do artigo 6º da constitución estatal vixente, aprobada en 1986, confírelle o poder lexislativo á Asemblea Xeral, determinando, ademais, que está composta por dúas cámaras:

Senado: está integrado por 38 membros escollidos cada dous anos. Cámara de Representantes: formada por 75 deputados que se renova cada dous anos.

Competencias miniatura|Senado de Rhode Island A principal función da Asemblea Xeral é a de redactar as leis do estado. Ambas as dúas cámaras son colexisladoras polo que un membro de calquera delas pode iniciar o proceso facendo unha proposta de lei que rexistra na súa cámara. Posteriormente, preséntase ante a cámara, logo da súa lectura o presidente derívaa a unha comisión parlamentaria concreta segundo a cuestión que aborde. Na comisión faise un estudo da proposta e convídase a lexisladores e axentes públicos para valorala. O comité ou comisión pode aprobar o proxecto tal e como se presentou, emendalo, fusionalo con outras propostas, continuar o estudo, remitila a outra comisión ou rexeitalo. Superada esta fase, a proposta de lei é obxecto de debate no pleno da cámara para logo ser votada. Aprobada pola cámara orixinal, envíase á outra, onde o proxecto seguirá as mesmas fases, podendo ser modificada. Se a segunda cámara vota modificacións deberá ser tamén votada na cámara orixinal. Se esta rexeita os cambios, constitúese un comité conxunto con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado. O gobernador pode vetar as leis aprobadas pola Asemblea Xeral intentando frear a súa entrada en vigor, mais a Asemblea Xeral pode revogalo se deste xeito votan tres quintos dos membros de ambas as dúas cámaras.

Doutra parte, correspóndelle ao Senado de Rhode Island ser consultado polo gobernador para ratificar o nomeamento de determinados cargos de responsabilidade política e administrativa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Rhode Island

Ligazóns externas

Páxina web da Asemblea Xeral de Rhode Island (en inglés)

Categoría:Rhode Island Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:Parlamentos