miniatura|Capitolio de Tennessee en Nashville.
A Asemblea Xeral de Tennesse (en inglés, Tennessee General Assembly) é o parlamento de Tennesse, nos Estados Unidos. Os seus 132 lexisladores son elixidos por sufraxio universal e integran as dúas cámaras que a compoñen: o Senado e a Cámara de Representantes. A súa sede está no edificio do Capitolio en Nashville, a capital do estado. A creación da Asemblea Xeral remóntase a 1796, cando foi establecido pola primeira constitución de Tennesse, dende entón dous dos tres presidentes dos Estados Unidos procedentes de Tennesse foron membros dela: James Knox Polk foi representante entre 1823 e 1825, mentres que Andrew Johnson foi representante entre 1835 e 1837, e, de novo, entre 1839 e 1841 e tamén senador en 1841.
Composición A sección 3ª do artigo 2º da actual constitución de Tennessee, aprobada en 1870, confire o poder lexislativo á Asemblea Xeral, indicando que está composta por:
Senado: integrado por 33 membros con mandatos de catro anos. Os senadores son escollidos por distritos uninominais e a cámara renóvase parcialmente cada dous anos en quendas nas que se escollen 16 e 17 senadores cada vez. Os candidatos a senador deben ser cidadáns dos Estados Unidos, ter 30 anos de idade e levar 3 anos residindo en Tennessee e, polo menos, o ano anterior ás eleccións no distrito polo que concorre. O tenente gobernador de Tennessee é o presidente do Senado aínda que só dispón de voto no caso de producirse empates.miniatura|Selo do estado de Tennessee A Cámara de Representantes: conta con 99 deputados escollidos en distritos uninominais cada dous anos. Os candidatos a representate deben ser cidadáns dos Estados Unidos, ter 21 anos de idade e levar 3 anos residindo en Tennessee e, polo menos, o ano anterior ás eleccións no distrito polo que concorre.
Competencias A principal función outorgada pola constitución é a de elaborar as leis do estado. Ambas cámaras son colexisladoras, polo que os lexisladores de ambas cámaras poder facer propostas de lei. Unha vez rexistrada, o presidente de cada cámara fai a lectura por primeira vez ao texto ante o plenario e deriva a proposta a unha comisión parlamentaria. Nela tómanse audiencias públicas e valórase o texto e as achegas realizadas antes de volver a remitir o texto, con emendas ou non, ao pleno para unha segunda ante de volver ao comité para un estudo máis polo miúdo. Finalmente, o texto da proposta é valorado e discutido polo pleno de cada cámara, no caso de que as cámaras modifiquen o texto aprobado pola outra en aspectos non compartidos, débese facer unha comisión mixta con lexisladores de ambas as dúas cámaras para chegar a un acordo. Unha vez superado os trámites parlamentarios e aprobado un texto común, a lei remítese o gobernador para a súa sanción. O gobernador ten dereito de veto se non concorda coa Asemblea Xeral, pero esta pode anulalo co voto de dous terzos dos membros de cada cámara.
Doutra parte, a Asemblea Xeral tamén debe confirmar os nomeamentos de cargos de altas responsabilidades políticas e administrativas como o Secretario de Estado, o tesoureiro e o interventor estatal, así coma membros da Comisión Electoral de Tennessee.miniatura|Bandeira da Asemblea Xeral de Tennessee Bandeira En 1978 a Asemblea Xeral adoptou unha bandeira propia. O deseño escollido foi feito por Sheila Adkins, daquela estudante de secundaria dun instituto de Knoxville. As cores responden ao seguinte significados: o branco simboliza a pureza, o azul o respecto a Tennessee e o vermello foi empregado por ser asociado tradicionalmente aos Estados Unidos. As tres estrelas representan as tres grandes rexións do estado, o trigo a agricultura e o mazo o poder popular outorgado ao parlamento.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Tennessee James Knox Polk Andrew Johnson
Ligazóns externas
Páxina web da Asemblea Xeral de Tennessee (en inglés)
Categoría:Tennessee Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:Parlamentos