miniatura|Moedas do Sultanato de Mogadixo (Museo de Somalia) A moeda so Sultanato de Mogadixo é a cuñada en época medieval neste antigo Estado africano, daquela un centro de gran relevancia comercial.

Historia Para facilitar o comercio rexional, o Sultanato de Mogadixo (séculos X a XV) comezou a cuñar as súas propias moedas, o que tivo como efecto a centralización da súa hexemonía comercial. Estas moedas emitíronse a nome dos 23 sultáns sucesivos de Mogadixo e algunhas delas adoptaron o estilo das súas contemporáneas fatimís e otomás. Para o comercio, o Sultanato Ajuran cuñou tamén a súa propia moeda,Ismail Mohamed, A. (1970). Páxina 206. aínda que utilizaba simultaneamente a de Mogadixo, que se incorporou no século XIII ao Imperio Ajuran.Stanley, B. (2007). Páxina 253.

Achados A circulación das moedas de Mogadixo estaba moi estendida. Acháronse pezas en lugares tan distantes como os actuais Emiratos Árabes Unidos, onde se rexistrou un espécime a nome do sultán somalí do século XV Ali b. Yusuf de Mogadixo. No decurso das expedicións arqueolóxicas en Warsheikh (Somalia) que tiveron lugar entre 1920 e 1921, o erudito italiano Enrico Cerulli tamén atopou moedas dos sultáns medievais de Mogadixo. Estas moedas foron depositadas na Escola Oriental da Universidade de Roma, mais desapareceron durante a segunda guerra mundial. Consonte Cerulli, acháronse moedas similares nun pobo de Moos situado a uns 14 quilómetros ao noroeste de Warsheikh. Pola súa banda, Freeman-Grenville tamén rexistrou, en 1963,Freeman-Grenville, G. S. P. (1963). outro achado de moedas antigas nesta última cidade.Chittick, N. (1976). Páxinas 117-133. Durante unha escavacións realizadas en Iraq en 1971, descubriuse unha moeda de cobre a nome do sultán de Mogadixo Ali ibn Yusuf.Hansman, J. (1985). Páxina 49. Tamén se atoparon moedas de bronce pertencentes aos sultáns de Mogadixo en Belid, preto de Salalah, en Dhofar.Proceedings of the Seminar for Arabian Studies, Volume 1. Archaeopress. 1970. Páxina 42. ISBN 0231107145

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Chittick, N. (1976). An Archaeological Reconnaissance of the Horn: The British-Somali Expedition. British Institute in Eastern Africa. Freeman-Grenville, G. S. P. (1963). "Coins from Mogadishu, c. 1300 to c. 1700". The Numismatic Chronicle and Journal. Royal Numismatic Society. Vol. 3. Páxinas 179-200. Hansman, J. (1985). Julfar, an Arabian Port. Its Settlement and Far Eastern Ceramic Trade from the 14th to the 18th Centuries. Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland, Londres. ISBN 0947 59301 2 Ismail Mohamed, A. (1970). Somalia Today: General Information. Ministry of Information and National Guidance. Stanley, B. (2007). "Mogadishu". En Dumper, M.; Stanley, B. (eds.). Cities of the Middle East and North Africa: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO. ISBN 978-1-57607-919-5

Outros artigos

Mogadixo Moeda axumita

Ligazóns externas

Coins from the Sultanate of Mogadishu (Numista.com)

Categoría:Moedas de Somalia Categoría:Moedas da Idade Media