O hospital do Salnés é un centro hospitalario de carácter público e de ámbito comarcal situado no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Pertence a rede de hospitais do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e atópase integrado na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Foi inaugurado o 17 de decembro do 2000. O arquitecto responsábel foi Joaquín López Fando.

Carteira de servizos O hospital do Salnés conta cos seguintes servizos: Admisión Anestesioloxía e Reanimación e Unidade da Dor Cirurxía ortopédica e Traumatoloxía Cirurxía xeral e dixestiva Medicina interna Pediatría Urxencias Xinecoloxía e Obstetricia Notas

Véxase tamén Outros artigos Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra Ligazóns externas Hospital do Salnés Páxina do hospital na web do SEGAS.

Categoría:Vilagarcía de Arousa