José Costa Pardo, nado en Cervo cara a 1907 e finado en Lugo o 8 de marzo de 1939, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Mestre en San Román de Vilaestrofe. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi nomeado vicepresidente da xunta directiva de Xove en febreiro de 1934.El Pueblo Gallego, 28-2-1934, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 7 de agosto e ingresado no cárcere de Lugo. Foi destituído como mestre en setembro.La Voz de la Verdad, 20-9-1936, p. 2. Xulgado en Lugo na causa 222/36 por auxilio á rebelión, foi condenado a 15 anos de prisión. Finou por síncope na enfermería da prisión de Lugo o 8 de marzo de 1938.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Cervo Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1939