Manuel Eugenio de Neira Pol, nado en Vilafranca do Bierzo en 1925 e finado en Lugo o 20 de febreiro de 2014, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Eugenio Neira Bello, criouse en Pacios. Licenciado en Dereito en 1949, exerceu como avogado en Becerreá. Foi nomeado alcalde de Becerreá en 1958, tomando posesión o 6 de febreiro.El Progreso, 11-2-1958, p. 2. Cesou no cargo en 1964. Nas eleccións xerais de 1977 presentouse como candidato ao Senado polo Partido Socialista Popular. Na transición defendeu a sindicalistas e militantes de esquerdas. Colaborou en El Progreso.
Primo de Uxío Novoneyra, escribiu un artigo sobre el no Anuario Brigantino,Apuntes para unha biografía de Uxío Novoneyra e foi vicepresidente da Fundación Uxío Novoneyra. Recoñecementos Medalla de ouro da Avogacía, 2003.
Vida persoal
Casou con María Aurora Roca Pardo e foi pai de Nieves Neira Roca. Notas
Véxase tamén Bibliografía Alonso Montero, Xesús, "Manuel Neira Pol, in memoriam". La Voz de Galicia, Letras Galego 14-3-2014, p, 21.
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Vilafranca do Bierzo Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2014