Vipsania (en latín, Vipsania M. f. L. n. Marcella) nada probablemente entre o 28 e o 22 a. C., e ás veces chamada Vipsania Marcela para diferenciala das súas irmás, foi unha antiga nobre romana do século I a. C. Estaba casada co político Publio Quintilio Varo e era filla do xeneral romano Marco Vipsanio Agripa e da súa segunda esposa Claudia Marcella Maior (a sobriña do emperador Augusto),Wells (2004), p. 81 aínda que non se pode descartar que fose filla de Pomponia Cecilia Ática.

Traxectoria

Primeiros anos Vipsania probablemente naceu entre o 28 a. C. e o 22 a. C. de Marco Vipsanio Agripa e a súa segunda esposa Claudia Marcela Maior, a filla máis vella da irmá do emperador Augusto, Octavia Menor. Esta hipótese é refutada por Meyer Reinhold, quen considerou que era filla da primeira esposa de Agripa, Pomponia Cecilia Ática.

Pénsase que tivo unha irmá máis nova e dúas medias irmás máis vellas (unha que casou con Quinto Haterio e outra chamada Vipsania Agripina que casou co futuro emperador Tiberio).Syme 1989, p. 504 así como cinco medio irmáns máis novos chamados Caio César, Lucio César, Agripina Maior, Vipsania Xulia Agripina (tamén chamada Xulia Menor) e Agripa Póstumo do terceiro e último matrimonio do seu pai con Xulia Maior. Da súa nai tamén probablemente tivese varios medio irmáns máis novos, entre eles Lucio Antonio e Xulia Antonia.Bédoyère (2018), p. 312

Matrimonios Ao redor das 14 a. C., casou co xeneral e político romano Publio Quintilio Varo,Abdale (2016) aínda que hai autores como Reinhold que rexeitan esta hipótese. Foi a súa segunda esposa e este casamento foi considerada a razón pola que Varo fora elixido por Tiberio para ser cónsul no ano 13 a. C. canda el.Levick (2014), p. 140Stern, Stern (2019). Varus’ Legacy After Teutoburger Wald: Roman POWs, Tiberius, and the Ara Pacis. (en inglés). Conferencia en Minneapoils (Via www.researchgate.net) Puido ser nai Sexto Nonio Quintiliano, se este foi realmente fillo de Varo,Levick (1999), p. 36 ou doutro fillo que serviu co seu pai no ano 4.Roncaglia, Alessandro (2015). Giochi di famiglia: dinamiche di potere tra Augusto e Tiberio [Family games: dynamics of power between Augustus and Tiberius] (PDF) (tese) (en Italiano). Universidade de Boloña.

Tampouco está claro, pero parece ser que, despois, casou con Marco Emilio Lépido sendo a súa segunda esposa. Así e todo, hai poucas novas sobre este matrimonio e non se sabe se tiveron fillos, malia que hai unha dedicatoria na basílica Emilia dun posible fillo seu.Tácito, Anales III,19.3 O seu matrimonio non durou máis que unha década desde o seu consulado, pois para daquela, Varo xa estaba casado con outra muller.Syme (1989), p. 315

Segundo Tácito, ela non morreu por parto ou por causas naturais, xa que o historiador afirma que os fillos de Agripa morreron en batalla, inanición ou veleno. Porén, pode referirse exclusivamente aos fillos de Agripa coa súa esposa Xulia a Maior, filla do emperador Augusto, pois o historiador non menciona especificamente o seu nome. Non se sabe con certeza a data da súa morte. Nos libros de Robert Graves, I, Claudius, e Claudius the God, a emperatriz romana Livia Drusilla acúsaa de incesto co seu falecido pai, o que a leva ao suicidio.

Investigación A súa existencia foi descuberta polos historiadores modernos tras o redescubrimento dun papiro que relata a oración fúnebre de Augusto para Agripa na que se afirma que Varo e Tiberio eran os dous xenros de Agripa.Syme (1989), p. 146 Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Gens Vipsania Categoría:Personalidades da Roma antiga do século -I Categoría:Personalidades da Roma antiga do século I