Un asunto privado é unha serie española orixinal de Amazon Prime Video protagonizada por Aura Garrido e Jean Reno. Foi creada por Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés e Gema R. Neira, directores de Bambú Producciones, empresa creadora doutras series como Velvet, Gran Hotel ou Las chicas del cable. A serie, gravada entre Vigo e Pontevedra, estreouse o 16 de setembro na plataforma de streaming de Amazon e consta de 8 capítulos de 50 minutos cada un.

Estreouse en Amazon Prime Video con versión dobrada e subtitulada ao galego o 16 de setembro de 2022.

Sinopse Marina Quiroga (Aura Garrido) é unha moza da alta sociedade con moito afán polo misterio. Cando un asasino en serie mata varias prostitutas, deixándolles gravada no peito unha flor de lis, Mariña decide emprender unha investigación para deter o delincuente coa axuda do seu mordomo e fiel amigo Héctor (Jean Reno), un home sensible e observador. Doutra banda, moitos factores na vida de Marina entorpecerán a súa procura: os prexuízos por ser muller, os intentos da súa nai para que case e que o xefe de policía sexa o seu propio irmán, Arturo (Pablo Molinero). Malia todos estes inconvenientes, Marina demostra, a través do seu enxeño, que é unha aspirante a detective policial con moito talento.

Personaxes Jean Reno como Héctor Aura Garrido como Marina Quiroga Gorka Otxoa como Pablo Zarco Pablo Molinero como Arturo Quiroga Álex García como Andrés Ángela Molina como Dona Asunción

coa colaboración especial de Tito Valverde como Antón Ramírez (Episodio 2 - Episodio 3; Episodio 5 - Episodio 8) Julieta Serrano como Chusa Malpica (Episodio 3)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión con versión galega