José Carou Rey, nado en Rianxo en 1969, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de Filosofía no IES Praia Barraña de Boiro.

Escribiu crítica de cine para Sermos Galiza, Diario de Arousa e Cinemadicción, ademais de colaboracións ocasionais para o suplemento cultural Barbantia (La Voz de Galicia).

Obra Narrativa O bebedizo de Lúa (2000). Deputación Provincial de Pontevedra. 46 páxs. ISBN 978-84-89690-85-1. Desvelando a Ademar Escambia (2019). Noia: Toxosoutos. 75 páxs. ISBN 978-84-120613-3-8. Relatos da incorrección (2021). Thíasos, Inesgotábeis (EDLG, IES Espiñeira). Ventre de madeira (2025). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-738-9. ePub: ISBN 978-84-1110-747-1.

Poesía Hemisferio auga (2021). A Coruña: Medulia. 86 páxs. ISBN 978-84-123646-1-3. Ilustracións de Salvador Laíño. Diorama (2022). Vigo: Galaxia, Dombate. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-921-8. Ensaio

O libro secreto da Filosofía (2023). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Sara Valcárcel. 150 páxs. ISBN 978-84-1176-154-3. Premios 1996: Premio Francisco Fernández del Riego. 1997: Finalista no Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey por O bebedizo da Lúa. 1999: Premio Faustino Rey Romero. 2000: Certame de Relatos Curtos Os Viadutos. 2019: Premio Antón Avilés de Taramancos por Desvelando a Ademar Escambia. 2019: Premio Modesto R. Figueiredo por Afán e infortunio dos días estragados.

2024: Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey por Ventre de madeira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas José Carou: «Ser de Rianxo imprime carácter literario», entrevista en La Voz de Galicia.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes