Dólar do Bicentenario dos EEUU "1 Dollar "Eisenhower Dollar" Bicentennial". Numista.com160x160px160x160pxA/: Cabeza de Dwight D. Eisenhower cara á esquerda. Marca de ceca (D ou S) e de gravador (FG). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / 1776 · 1976R/: Campá da Liberdade coa Lúa atrás. Marca de gravador (DRW) Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Datas: 1976. Ceca: Cecas de Filadelfia, Denver e San Francisco. Gravador: Frank Gasparro (A/) e Denis R. Williams (R/). Aliaxe: cobre revestido de cuproníquel Diámetro: 38,10 mm. Grosor: 2,58 mm. Peso: 22,68 g. Canto: estriado.
Medio dólar do Bicentenario dos EEUU "½ Dollar "Kennedy Half Dollar" Bicentennial". Numista.com140x140px140x140pxA/: Cabeza de John Fitzgerald Kennedy cara á esquerda. Marca de ceca (D ou S) e de gravador (GR). Lendas: / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / 1776 · 1976R/: Edificio Independence Hall. Marca de gravador (SGH) Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / 200 YEARS OF FREEDOM / E PLURIBUS UNUM / INDEPENDENCE HALL / HALF DOLLAR Datas: 1976. Ceca: Cecas de Filadelfia, Denver e San Francisco. Gravador: Gilroy Roberts (A/) e Seth Huntington (R/). Aliaxe: cobre revestido de cuproníquel Diámetro: 30,61 mm. Grosor: 2,15 mm. Peso: 11,34 g. Canto: estriado.
Cuarto de dólar do Bicentenario dos EEUU "¼ Dollar "Washington Quarter" Bicentennial". Numista.com"George Washington Bicentennial Quarter". United States Mint.110x110px110x110pxA/: Busto de G. Washington cara á esquerda. Marca de ceca (P, D ou S) e de gravador (JF). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / 1776 ·1976.R/: Tamborileiro patriota cara á esquerda; facho rodeado de 13 estrelas á súa esquerda. Marca de gravador (JLA) Lendas: E · PLURIBUS · UNUM / CUARTER DOLLAR Datas: 1976. Ceca: Cecas de Filadelfia, Denver e San Francisco. Gravador: John Flanagan (A/) e Jack L. Ahr (R/). Aliaxe: cobre revestido de cuproníquel. Diámetro: 24,30 mm. Grosor: 1,75 mm. Peso: 5,67 g. Canto: estriado.
As moedas do bicentenario dos Estados Unidos constitúen unha serie de tres moedas conmemorativas cos valores faciais dun cuarto de dólar, medio dólar e un dólar, cuñadas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1975 e 1976, para conmemorar os 200 anos da independencia do país.
Independentemente do seu ano de cuñaxe, todas estas moedas amosan a dobre data conmemorativa de 1776 - 1976 nos seus anversos.
Por mor dos abusos ocorridos en épocas anteriores, a US Mint decidiu non emitir moedas de carácter conmemorativo a partir da década de 1950. A partir de 1971, os membros do Congreso presentaron diversos proxectos de lei para autorizar a emisión de moedas en conmemoración do bicentenario dos Estados Unidos, que se celebraría en 1976. A directora da US Mint, Mary Brooks, opúxose inicialmente a estas propostas, aínda que finalmente as apoiou, e o Congreso aprobou unha lei pola que se autorizaba o redeseño das moedas dun cuarto de dólar, de medio dólar e dun dólar, con carácter temporal.
A celebración dun concurso nacional para determinar os deseños deu como resultado as representacións do tamborileiro colonial para a moeda dun cuarto de dólar, o edificio Independence Hall para a de medio dólar e a Campá da Liberdade superposta a unha Lúa para a dun dólar.
Dada a gran cantidade de exemplares cuñados, moitas destas moedas aínda se atopan na circulación. As pezas destinadas á circulación teñen un núcleo de cobre e están revestidas dunha capa de cuproníquel, aínda que o Congreso tamén autorizou a cuñaxe de 45 millóns de pezas con contido de prata para o coleccionismo numismático. A Casa da Moeda dos Estados Unidos vendeu máis da metade destas moedas e posteriormente refundiu as restantes, logo de suspender a súa venda en 1986.
Antecedentes A Casa da Moeda dos Estados Unidos emitiu moedas en conmemoración de eventos diversos a partir de 1892.Breen, W. (1988). Páxina 582. As organizacións promotoras destas emisións conseguían a autorización oportuna do Congreso, que lles permitía a adquisición das moedas ao seu valor nominal e a súa posterior venda cunha prima, para sufragar a celebración de exposicións ou outros eventos de interese público. A última destas emisións, o medio dólar dedicado a Booker T. Washington e a George Washington Carver deixara de cuñarse en 1954, dado o seu fracaso comercial, polo que a ceca pública estadounidense se opuxo a continuar coas emisións conmemorativas durante dúas décadas.Breen, W. (1988). Páxina 581.
En 1966, o Congreso creou a Comisión do Bicentenario da Revolución Americana (ARBC), para planificar e coordinar as actividades relacionadas co bicentenario da independencia dos Estados Unidos en 1976. En febreiro de 1970, a ARBC estableceu o Comité Asesor de Moedas e Medallas.Breen, W. (1988). Páxina 371. O informe final deste comité, datado en xullo de 1970, pedía a produción dunha moeda conmemorativa de medio dólar para a celebración do Bicentenario.Marotta, M. E. (2001). Páxina 502. En decembro de 1970, o comité solicitou deseños especiais para todos os tipos de moedas estadounidenses en circulación e a ARBC apoiou esta demanda o mes seguinte. No entanto, o Tesouro mantivo a súa oposición á emisión de moedas conmemorativas. En 1971 e 1972 presentáronse no Congreso varias propostas de moedas para o Bicentenario, mais ningunha delas foi aprobada.
A directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Mary Brooks, asistiu ás reunións do Comité Asesor de Moedas e Medallas, e nunha delas amosouse partidaria de incluír a dobre data de 1776-1976 nas moedas da circulación ordinaria para conmemorar o Bicentenario en 1976, aínda que esta inclusión nos anversos ocasionaría dificultades de produción. Nunha entrevista a un xornal cualificou de "desastre" a idea de cambiar o deseño das seis moedas en circulación, desde o centavo ata o dólar. Na súa opinión, se se emitise algunha moeda conmemorativa do Bicentenario debería ser de carácter non circulante, talvez unha peza de ouro ou unha co valor facial inexistente de medio centavo. Brooks cría que esa moeda non perturbaría a produción das moedas para a circulación. No entanto, ao longo de 1972 a directora da casa da moeda retractouse desa opinión e a finais de ano convenceu o secretario do Tesouro para que apoiase un proxecto de lei de moedas conmemorativas do Bicentenario.
Autorización miniatura|O representante de Texas Richard Crawford White, impulsor da lei que creou as moedas conmemorativas do Bicentenario. En xaneiro de 1973, o representante de Texas Richard C. White presentou un proxecto de lei para a creación de moedas dun dólar e de medio dólar conmemorativas. O senador por Oregón Mark Hatfield tamén presentou un proxecto de lei pedindo a creación dunha moeda de ouro de 25 dólares. O 2 de marzo de 1973, o Tesouro anunciou o seu apoio á creación de moedas conmemorativas do Bicentenario mediante o cambio do deseño dos reversos dos dólares e dos medios dólares en circulación, e enviou a súa propia proposta de proxecto de lei ao Congreso tres días despois.Coin World Almanac 1977. Páxina 419. O 2 de maio tiveron lugar as comparecencias ante unha subcomisión da Cámara de Representantes. A directora Brooks participou apoiando o redeseño limitado aos reversos recollido no proxecto de lei e opóndose a calquera outro redeseño máis amplo, polo que desaprobou a proposta do senador Hatfield.Coin World Almanac 1977. Páxina 420.
Como resultado das comparecencias, presentáronse varios proxectos de lei novos, o que deu lugar a novas comparecencias ante unha subcomisión do Senado o 6 de xuño. Brooks participou novamente e, en resposta ás críticas á idea de que só cambiasen as moedas cos valores menos utilizados —o dólar e o medio dólar—, anunciou tamén o seu apoio a que se modificase igualmente o reverso da moeda dun cuarto de dólar, moito máis popular. O 13 de xuño, a Comisión Bancaria do Senado aprobou un proxecto de lei que prevía a circulación de tres moedas conmemorativas do Bicentenario: cuarto de dólar, medio dólar e un dólar. Esa mesma norma autorizaba a cuñaxe de moedas no ata entón depósito de metais de West Point e permitía a emisión de moedas para os coleccionistas cun 40 % de prata na súa aliaxe. O Senado aprobou este proxecto de lei con algunhas emendas o 13 de xullo. O 12 de setembro aprobouse un proxecto de lei similar na Cámara de Representantes, que se diferenciaba do do Senado en que non autorizaba as versións con contido de prata para as novas moedas.Coin World Almanac 1977. Páxina 421-422.
Membros das dúas cámaras reuníronse nunha comisión o 19 de setembro, unha sesión que algúns participantes describiron como "bastante quente e pesada".Coin World Almanac 1977. Páxina 422. O proxecto de lei resultante autorizaba cambios nos reversos do cuarto dólar, do medio dólar e do dólar. Os anversos destas tres moedas non cambiarían, mais levarían a dobre data de 1776 - 1976. Segundo os termos da lei, todas as moedas cuñadas despois do 4 de xullo de 1975 e antes do 1 de xaneiro de 1977 deberían levar as datas e os deseños do Bicentenario. O Congreso encargoulle á US Mint a cuñaxe de 45 millóns de moedas con contido de prata —é dicir, 15 millóns de xogos—, e deulle autorización para que puidese cuñar na Ceca de West Point. As moedas destinadas á súa posta en circulación seguirían a ter un núcleo de cobre revestido cunha capa de cuproníquel, como xa eran ordinariamente. O proxecto de lei modificado foi aprobado por ambas as cámaras do Congreso o 4 de outubro de 1973 e o presidente Richard Nixon asinouno o 18 de outubro para o converter en lei.
A proposta de Hatfield de cuñar moedas de ouro, xunto con outras similares da man doutros senadores, volveuse presentar en 1975, aínda que non tivo moito percorrido, do mesmo xeito que outra proposta que procuraba a creación dunha moeda de dous centavos do Bicentenario na honra de Abigail Adams e Susan B. Anthony.Coin World Almanac 1977. Páxinas 49-50. A produción adicional en West Point foi clave para superar a escaseza de centavos en 1974, o que lle permitiu á casa da moeda unha maior flexibilidade para a cuñaxe das moedas do Bicentenario.Ganz, D. L. (1976). Páxina 42.
Concurso de deseño O 23 de outubro de 1973, o Departamento do Tesouro anunciou un concurso para os deseños dos tres reversos."$5,000 Bicentennial Coinage Design Competition". United States Mint. 23 de outubro de 1973. Calquera cidadán estadounidense podería presentar o seu debuxo ou unha fotografía dun modelo en xeso de 250 milímetros de diámetro. Tal e como esixe a lei, as propostas debían incluír a lenda UNITED STATES OF AMERICA, o lema E PLURIBUS UNUM e os correspondentes valores faciais en letra, QUARTER DOLLAR, HALF DOLLAR ou ONE DOLLAR.Breen, W. (1988). Páxina 372.Coin World Almanac 1977. Páxina 423. O secretario do Tesouro, Shultz, asesorado por un grupo de xuíces, decidiría o deseño que se utilizaría para cada moeda.
Por petición da directora Brooks, a Sociedade Nacional de Escultura encargouse de seleccionar os cinco xuíces do concurso; estes foron Robert Weinman, presidente da sociedade, o escultor de Connecticut Adlai S. Hardin, o antigo gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos Gilroy Roberts, o representante da Medallic Art Company Julius Lauth e Elvira Clain-Stefanelli, conservadora da sección de Numismática do Instituto Smithsoniano."The National Sculpture Society Members of the Panel of Judges". United States Mint.